Galicreques 2021
FESTIVAL INTERNACIONAL GALICREQUES 2021: Espectáculos
Do 9 ao 17 de outubro de 2021 celebramos en Santiago de Compostela a XXVI edición do Festival Internacional Galicreques. Animámovos a todos a participar! Descarga aquí a programación: Galicreques_2021 Mira o vídeo presentación do Galicreques Consulta o prezo das entradas. Save Save
Exposición Galicreques 2021: Biblioteca de Libros Fantásticos
De Carmen Domech Os libros desta biblioteca tolearon. A todos lles ocorren cousas estrañas e misteriosas. Cada un ten unha historia que contar, como todos os libros do mundo, pero estes libros decidiron transmitila dun xeito diferente; por iso se converteu en barco o libro que recolle os relatos do mar, medroulle unha maceira ao […]
Programación Galicreques 2021
Venres 8 de Outubro 18.30h Habib Zahra e Valeria Rey Soto. “O dia em que a Morte sambou”. CSC de Romaño Sábado 9 de Outubro 12.00h Proyecto Caravana. “Versos en tu ventana”. CSC de Vite 12.30h Troula Animación. “Psychodelia”. Parque da Alameda (ruada) 13.00h Raquel Queizás. “Travesías”. Carpa da Alameda 13.00h Galicreques “Titiribici”. Praza Roxa 14.00h Galicreques “Titiribici”. Praza do Toural 18.00h Caramuxo Teatro. “A nena que vivía nunha caixa de mistos”. CSC de Santa Marta 19.00h Teatro de […]
Premio Galicreques 2021
O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod@s @s amantes das marionetas. —– Este ano 2021 o galardoado é “Os Monicreques de […]
Taller infantil 2021: El Trastero de Lula
VERMIÑOS CON MATERIAL RECICLADO
· Venres 15 de outubro de 17.00h a 20.00h
· Sábado 16 de outubro de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h
· Domingo 17 de outubro de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h
Taller adultos 2021: Teatro de sombras baseado no conto xaponés
Baseado nun conto Xaponés, imos imaxinar o mundo a través de personaxes procedentes de culturas e tradicións distintas. Imos crear os seus corpos en silueta e contar a historia a través da manipulación de marionetas que proxectan sombras. E, ao remate deste taller, faremos unha pequena representación.
Taller adultos 2021: Teatro Dom Roberto
En 2010, Rui Sousa converteuse nun dos poucos marionetistas portugueses en representar funcións de Teatro Dom Roberto. Nestes últimos 11 anos, ten desenvolvido varios espectáculos baseados no cancioneiro popular e tradicional, tendo no seu repertorio 4 historias clásicas desta técnica secular de teatro de rúa. Neste obradoiro será posible aprender técnicas de manipulación, fala con palleta e trucos de escena. É unha excelente oportunidade para ensinar esta arte en terras do Barriga Verde.
Taller adultos 2021: Laboratorio de obxectos
Ver máis aló das súas formas. Comprender algo máis nas súas formas. Comprender en común algo máis nas súas formas: crear confidencialidade, un código común extraordinario, isto é, a partir do imaxinario común non explícito na vida ordinaria.
Observación. Estar en relación co ordinario e o extraordinario.
Unha introdución ao teatro de obxectos. Un contacto coa poesía dos obxectos, coas realidades que ocorren no simultáneo da vida, a través da observación, o xogo con obxectos, monigotes e da (des)composición dos nosos imaxinarios.