Galicreques 2020

Unha armadura con ferruxe

Un cabaleiro quedou preso na súa armadura.Agora a súa familia non sabe cal é o seu verdadeiro aspecto. A súa esposa máis o seu fillo loitan desesperadamente por liberalo.
Función de monicreques dinámica e amena para todos cunha mensaxe moi importante sobre a igualdade de xénero.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

Cantamos?

Unha nena á que lle encantan a música e máis os contos descobre, a través do artista que vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar!
Rosi e Luis convídante a xogar, cantar e descubrir un mundo de fantasía no que todo é posible.
“Un espectáculo cheo de emocións, con contos que son cancións, música para xogar, bailar, cantar e soñar.
Que? Anímaste a formar parte do seu coro?”


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

No es el fin del huerto de Fermín

Manuel é un neno sumido na era dixital e as novas tecnoloxías. Este verán viaxará a Aguasfrescas, o pobo onde vive o seu avó Fermín. Pero alí terá que adaptarse a unha forma de vida totalmente diferente: os nenos non xogan a videoxogos senón que cazan gamusinos, só hai cobertura na eira e a maioría das xentes non saben o que é un influencer, e ademais falan de cousas que el non acaba de entender. Grazas a Juanilla, unha nena do pobo, o seu avó e Puchi (unha musaraña moi especial) coñecerá a beleza que hai na natureza e na cultura rural que se está a perder a pasos axigantados. Todos eles colaborarán para acabar cunha ameaza que sofre o pobo e en especial a horta do seu avó Fermín: unha fábrica que produce uns residuos cuxa toxicidade ameaza a vida natural de Aguasfrescas.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

Hocus Pocus

Seguindo a súa tónica de humor, o Mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas.
A maxia do Mago Paco caracterízase pola posta en escena de elementos visuais e moi rechamantes que provocan unha dinámica constante enriba do escenario.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

O dia em que a Morte sambou

Seu Biu é un vello brincador que non deixa que a súa idade nin a morte poñan fin á súa alegría de vivir. A pesar de vivir só e ser obxecto de moitas críticas e envexas, vive sorrindo e bailando, feliz e despreocupado. Ten música, danza e, sobre todo, unha forte conciencia da súa profunda conexión coa natureza.
Un día, a Morte decide buscalo. Pero cando chega á casa do ancián, é recibida dun xeito totalmente inesperado…


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

Corre payasa corre

Pallasa só tiña unha misión na vida, ser feliz e facer felices aos demais. Un mal día ela e a súa cuadrilla de peluches e xoguetes abandonados acaban no cubo do lixo. Corren un gran risco. O camión do lixo “o triturador” está en camiño e quere devoralos.
Pallasa corre pola cidade en busca de axuda, sorteará mil perigos urbanos e atopará a moitos nenos e nenas que quererán axudala.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

La gallina Churra

Podédesme dicir que tería que facer unha asustada galiña para esconderse de Dona Culebra? Non o sabedes?
Menos mal que Ratorratón, o máis popular de todos os animais da granxa, ten unha desbordante imaxinación e unha irrefreable afección polos disfraces.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

El hombre que plantaba árboles

Esta é a vida de Elzeard Bouffier, un humilde pastor que durante anos plantou árbores e non llo contou a ninguén. Só ao noso narrador, que ao longo do espectáculo irá descubrindo unha das máis fermosas e esperanzadoras fábulas; un esforzo, por pequeno que sexa, pode cambiar o mundo e facelo máis habitable.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

Las tres cerditas

É a historia de tres pequenas porquiñas que vense obrigadas a saltar ao mar para sobrevivir e buscar aos seus pais. Na granxa comezan a pasar cousas que elas van descubrindo, vanse desvelando personaxes misteriosos que aparecen e cámbiano todo, polo que as tres porquiñas deben enfrontarse en solitario a unha longa viaxe. Poderán logralo as tres xuntas? Sun, Quim e Xa, cada unha coas súas inquietudes e as tres coa necesidade de sobrevivir e facer da súa vida algo mellor.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

Miragres

Miragres é un espectáculo sobre as Cantigas de Santa María de Alfonso X representado por una compañía de moinantes con monicreques e música en directo.
Un total de once pezas, unha cantiga de loor e dez milagres ou feitos extraordinarios, que acontecen con mediación divina de Santa María.
Por primeira vez contemplaremos a Santa María obrar os milagres da man dos monicreques cunha estética baseada nas magníficas miniaturas que acompañan ás cantigas nos libros orixinais.
Para conseguir un mellor seguimento das accións, as músicas foron arranxadas rebaixando os ornamentos e suprimindo retrousos, achegándoas aos romances populares.


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

Página 2 de 41234