Proyecciones en la Alameda

La fabulosa aventura de Teo y los libros (Argentina)

Un avó tenta espertar no seu neto o amor polos libros. O traveso Teo, seguindo os consellos dun estraño Mago, decide pasar a noite escondido na Librería. Que pasará cando a lúa se asome e os libros descubran ao neno traveso?


Proyecciones en la Alameda |

Los cómicos del 900 (Chile-Argentina)

Homenaxe aos cómicos do cinema mudo. Personificados por monicreques de luva, Charles Chaplin, Buster Keaton, Harold Lloys, Ben Turpin, Laurel e Hardy son algúns dos que aparecen facendo das súas nas distintas pantomimas que integran o espectáculo. “A viaxe” conta as peripecias que o Gordo e o Fraco teñen co seu vello pero querido automóbil.
“Carlitos pescador” móstranos como Chaplin arrisca a súa vida por salvar a un rapaz. En “Un día tempestuoso”, Buster Keaton é sorprendido polo mal tempo e loita contra os elementos ata perder as pernas e a cabeza; pola súa banda, Harold Lloys espera “desesperadamente” nun banco da praza a que veña a súa noiva, mentres que Ben Turpin déixase embriagar pola noite baixo un farol.


Proyecciones en la Alameda |

A Barraca camiño a Compostela (documental)

O documental “A Barraca Camiño a Compostela”, realizado por Títeres Cachirulo, recolle as diferentes etapas do proxecto homónimo, no cal se percorreron doce vilas do Camiño representando nelas a obra “Camiño de Aventuras”.


Proyecciones en la Alameda |

El mundo es un pañuelo (Ecuador)

El mundo es un pañuelo é unha obra de monicreques á vista, na que se desenvolven historias cargadas dun forte contido poético e metafórico. Os cadros presentarán mundos diversos cheos de tenrura. As historias desenvolven un espazo-tempo que permite ao espectador introducirse con facilidade, porque é el, coa súa sensibilidade, quen as completa. A maxia, a poesía e a destreza coa que os titiriteiros dan vida a cada un dos personaxes, e en diversas situacións, mostran como a sinxeleza dos panos e a nobreza da madeira son capaces de crear o seu propio universo.


Proyecciones en la Alameda |