Cursos Galicreques 2019
Cursos 2019: Obradoiro: Monicreques de dedo: Pinochos e Trasgos con madeira, teas e material de refugallo

Venres 18 de outubro, de 17:00 a 20:00 h
Sábado 19 de outubro, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Domingo 20 de outubro, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Praza do Toural
Cursos 2019: Obradoiro: Teatro en Miniatura

Dirixido a actores, titiriteiros, artistas plásticos, músicos, docentes, cineastas, fotógrafos, dramaturgos .
OBXECTIVO: Que os participantes constrúan, a partir da a experimentación de materiais e de procedementos escénicos, a súa propia poética nun prototipo de teatro en miniatura .
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
-Desenvolver coñecementos que optimicen a elaboración dun teatro en miniatura
-Explorar procedementos que permitan concentrarse na síntese dramatúrxica do teatro en miniatura
-Aprender sobre ferramentas para a construción dos devanditos espazos. Sonorización, iluminación e construción de obxectos
Cursos 2019: Obradoiro: O corpo dramático. Mimo e figuras corporais

Teatro Hugo e Inés propón, despois de moitos anos de investigación, actividade teatral e pedagóxica no campo da expresión corporal, un curso para transmitir as súas experiencias aos estudantes, actores e público en xeral. Este curso está aberto tamén á creación de novas sinerxias con outros profesionais cuxo obxectivo é crear ferramentas para unha educación máis creativa e acorde co presente.
O traballo teatral e pedagóxico está inspirado nas infinitas posibilidades expresivas do corpo humano e a súa mística apóiase na tradición simbólica das diferentes partes do corpo que, postas a traballar en forma independente, móstrannos as súas particulares actitudes expresivas, as súas limitacións e, sobre todo, suxírennos a súa propia alma.
Teatro Hugo e Inés, no seu proceso de procura, creou unha linguaxe única que combina técnicas de mimo e manipulación facendo “monicreques corporais”.