Galicreques 2019

Espectáculos Galicreques 2019: Viaje a la luna

Voyage dans a lune, de Georges Méliès, estreouse en 1902, está considerada como a primeira película de ciencia ficción da historia, que conta a chegada dos primeiros homes á lúa.
Con esta adaptación ao teatro de monicreques, Triestitelles quixo render unha homenaxe a Méliès e ao cinema en xeral.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Cincenta

O zapateiro real recibe todos os días calzado das persoas máis importantes do reino. Un día chegará ás súas mans un pequeno zapato de cristal cunha fantástica historia; trátase do fermoso zapato da moza Cincenta.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Blancanieves

Encántannos os contos clásicos! Pero parámonos a pensar se, en verdade, son tan doces, tan ilustrativos, tan… sensibles? Non será que o que máis nos gusta é que sempre teñen algo de… terroríficos? A nosa Brancaneves non sabe de tarefas domésticas, pero sabe facer unha páxina web e desde logo non vai bicar a ningunha ra por moi príncipe que sexa, porque non quere casar. Que teima con casar!


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Pelos, misión bolsa y paso

Pelos recibe a misión de entregar unha bolsa de diñeiro que lle deu o señor Churripito para que leve á súa muller Mari Castaña, que se quedou sen diñeiro. Aquí empeza a nova aventura do gran Pelos. Poderá levar a bolsa a Mari Castaña intacta? Non te perdas a aventura de Pelos, con Antonio “o Chori” esperando en calquera esquina a que a fortuna lle sorría. Desaparece o Paso de Semana Santa e piden un rescate para devolvelo. A Semana Santa está preto e o Paso ten que saír. Conseguirá Pelos atopar o Paso? Risas e emoción están aseguradas ata o final da historia.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Los músicos de Bremen

A historia comeza con catro personaxes moi enfadados que perseguen aos seus animais que se escaparon: Pupi é un can medorento ao que lle gusta cantar; Misina é unha gata vexetariana á que lle gusta bailar; Barto-lo é un burricán poeta que se nega a traballar no campo e Kiriko é un galo durmiñón e rockeiro. Así que esca-pan ao bosque, fanse amigos e forman xuntos unha banda de rock. Pero, de súpeto, estala unha tormenta e terán que buscar refuxio, descubrindo a casa dos Porcos do Saco…


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: A carteira de Augasclaras

Dende o pobo de Augasclaras, chega a carteira para repartir o correo aos nenos e nenas que están na biblioteca.
É unha correspondencia moi especial; unha carta é de Clementina, a tartaruga sen cuncha que viaxa ceibe polo mundo. Outra é da elefantiña Rosa Caramelo, que abriu unha porta para que as elefantas e elefantes da súa manada xoguen, coman e vivan xuntos e iguais. Tamén hai unha rapaza que, para gustarlle ao seu gran amor, vaise desfacendo de aspectos persoais como a forma de peitear os seus cabelos ou o feito de estar sempre a cantaruxar. Finalmente dáse conta e pensa “eu vou comigo” e decide ser ela mesma a risco de non gustarlle ao seu amor.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Finisterrae, o último ultramarinos

Finisterrae, o último ultramarinos é unha homenaxe a eses negocios que nos proporcionaban todo o necesario para poder vivir, e tamén unha chamada de atención pola pronta desaparición destes singulares comercios.
A través dos personaxes de Berto, herdeiro dun Ultramarinos cunha longa tradición que está a punto de pechar, e Mónica, unha antiga compañeira de instituto que tivo que retornar ao pobo despois de moitos anos vivindo na gran cidade, a autora María Lado, mesturando o teatro de actor e o teatro dos obxectos, fai unha radiografía traxicómica da sociedade galega, alertando dun futuro gris que non se salva só cun flotador de parruliño.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Vairoleto, pechito libertario

Cos elementos do radioteatro, o circo criollo, os monicreques de luva e a música en vivo constrúese unha mirada da vida do bandido rural arxentino, Juan Bautista Vairoleto. Vairoleto é un gaucho libre da pampa que, canso de tanta inxustiza, enfrontarase ao cobizoso Banqueiro Manganaro, que roubou bancos e banquetas deixando ao pobo de parado, privado do descanso.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Desde el azul

Un desfile de divertidos personaxes que, nos breves momentos da súa existencia sobre a escena, pretenden atrapar aqueles pequenos momentos poéticos que se atopan escondidos na vida diaria. Estes personaxes, cos seus soños e frustracións, cos seus éxitos e fracasos, nárrannos o eterno drama da traxicomedia humana…


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Marionetas de circo

Varias marionetas de fíos desfilan e exhiben as súas habilidades. Todas elas presentan un truco, unha fantasía ou unha sorpresa, levando ao público ata un mundo máxico e encantado! Toda a acción dun circo pero en marionetas, co tradicional trapecista, contorsionista, malabarista, etc.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Página 2 de 41234