Galicreques 2019

Presentación Galicreques 2019

Do 12 ao 20 de outubro de 2019 celebramos en Santiago de Compostela a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques. Animámosvos a todos a participar! CATÁLOGO 2019: CATÁLOGO GALICREQUES 2019 Vídeo promocional: Galicreques 2019 Consulta aquí o prezo das entradas. ¡¡¡RESERVA XA A TÚA PRAZA PARA OS CURSOS!!!: Cursos Galicreques 2019     Save Save


Galicreques 2019, Presentación Galicreques 2019, Últimas edicións |

Programación Galicreques 2019

Sábado 12 de Outubro 2019 12.00h Teatro Piedra Libre. “Caminito entre cartas”. A Reixa Tenda-Matrioska 13.30h Mad Compass. “Los limpiabotas”. Praza Praterías 18.00h Tropos Teatro. “Blancanieves”. Fundación SGAE Domingo 13 de Outubro 2019 12.30h Tropos Teatro. “Blancanieves”. Fundación SGAE 13.30h Fantoches Baj. “Velocíclopes”. Ruada: Alameda-Franco-Toural-Praterías 18.30h Mad Compass. “El barrendero”. Praza Toural Luns 14 de Outubro 2019 10.30h Tropos Teatro. “Blancanieves”. Fundación SGAE (función escolar) 10.30h A Xanela do Maxín. “A toupiña que […]


Galicreques 2019, Programación Galicreques 2019, Últimas edicións |

Premio Galicreques 2019

O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod@s @s amantes das marionetas.   Ángel Suárez, fundador de Títeres Larderos, percorreu numerosos festivais […]


Galicreques 2019, Premio Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: A familia unida

Unha oferta laboral, una colocación de por vida para un emprendedor coas mellores condicións de traballo posibles. André, o Presidente, Propietario e Presentador do espectáculo, busca empregado. A quen non lle interesa?
Cromina, despois de ser pai, enfronta a súa natureza casual e festeira á responsabilidade e seriedade das circunstancias, a través de temas e personaxes clásicos como a Autoridade, a Paternidade, o Dragón e ata a Morte.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Caminito entre cartas

Un paquete moi especial chegou para contar unha historia de amor, unha historia de pobo, unha historia entre cartas.
Caminito entre cartas…, con ritmo de valseciño, fai un percorrido que nace coa entrega dun paquete, que leva dentro a historia de amor do carteiro Jorge e de María… e aquela transformación que sucedeu entre os habitantes do pobo.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Cinco historias para unha man

Cinco pequenas obras mímicas. O soño; recolle as dificultades de Aníbal para conciliar o sono por culpa do “tic-tac” do reloxo, o zoar do mosquito… A goteira; parecía que todo estaba amañado, cando estaba a piques de conciliar o sono, de repente unha goteira comeza a súa rítmica melodía. Historia con flores; un neno traste dedícase a destruír as flores dun xardín, para evitalo será necesaria a intervención dun can gardián. O impo; dous amigos encóntranse despois de moito tempo. Ao darse unha aperta, a un empézalle un ataque de impo, así xuntos irán dando chimpos polo escenario. A obra que falta, a quinta, está intercalada entre as outras catro. Conta a historia das propias mans poñendo e quitando elementos escénicos, bailando, limpando… porque elas son realmente a alma dos monicreques.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Titiritada Cabaret

Os monicreques toman o teatro! Con diferentes estilos, propostas e historias… Un cabaret onde os mundos da marioneta atópanse en mans de máis de dez artistas e cinco compañías de procedencias diversas, que nos levarán a este universo de fío, luva e madeira.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: El circo más pequeño del mundo

Xa está aquí o pequeno e magnífico mundo do Circo. Os personaxes mostran as súas habilidades baixo a manipulación ilusionada duns fíos que transmiten a esencia fundamental da propia vida.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: A galiña dos ovos de ouro (espectáculo itinerante)

A Galiña percorre as rúas regalándolle os seus famosos ovos ás nenas e nenos que se vai atopando. Un bufón malabarista, acompañado de tres músicos, tentará quitarlle os ovos para xogar con eles.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Brancaneves e os 7

Recreación da historia de Brancaneves con teatro e marionetas de mesa talladas en madeira.
A historia desenvólvese ao redor dunha gran lareira na que un vello rei lembra as aventuras da súa pequena filla Brancaneves e os encontros que ela tivo cos misteriosos sete personaxes do bosque.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Página 1 de 41234