Espectáculos 2018

Espectáculos 2018: Astokillo

Nome da compañía: Panta Rhei Idades recomendadas: todos os públicos Duración: 60 minutos Técnica: teatro de rúa Idioma: castelán Sinopse O feirante, monicrequeiro Maese Zambulón e o seu burro Rigoletto percorren pobos e cidades co seu circo de variedades. Coa súa comedia na rúa, transitan por un país imaxinario onde a xente unha vez foi […]


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Limpiabotas

Nino & Mambrú, os irmáns limpabotas.
Vide ver aos últimos do seu gremio.
Vide ver a súa técnica fina, milenaria.
Vide ver e a ter á vosa mercé a estes dous servos dos zapatos do pobo.
Que o fagan ben ou mal, xa é outro cantar, pero vide. Vide velos!


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Auga que non vas beber

Recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “ O cura está malo” entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. Á estrutura básica de monicreque de cachaporra engádense sketchs feitos con outros recursos como os monicreques de táboa, a planjet, o cartel de cego ou as siluetas. Unha ducia de cancións do patrimonio musical ibérico vanse integrando na trama e serán cantadas en directo polos dous actores e acompañadas coa guitarra, o cavaquiño, a viola e unha variedade de percusións como a pandeireta, o adufe, a lata de pemento picante, o requerreque e o bombo.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Cantamos?

A Rosi encántanlle a música e os contos. Un día, nun concerto, descobre algo xenial: que os contos tamén se poden cantar!
Luis Vallecillo, desta maneira, ábrelle as portas a un novo mundo de fantasía e diversión, ademais de convidarnos a formar parte do seu coro…
Que? Animádesvos?


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Mi jardín

No medio dun deserto, un viaxeiro decide crear un xardín. Pero, como facelo?
A partir do texto da autora belga de orixe iraniana, Mandana Sadat, o Grupo Sobrevento compón un espectáculo que fala de esperanza, de soño, do desexo e da posibilidade de construír entre todos un mundo fermoso.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: De oficio… ¡serenateros!

Dous serenateros chegan para cantar e contar as súas historias. Pícolo, desilusionado do oficio, quere retirarse e Margarita tratará de convencelo do valor e a maxia que teñen as serenatas, facéndolle revivir a historia de amor do Afiador e a Costureira. Esta historia transcorre na feira de “Puerto Encantado”, un pobo que queda alén do mar. Pícolo e Margarita guiaranos coas súas cancións para que se atopen definitivamente.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: El alguacil Buñuelo

No pobo ocorreu algo estraño: din que o xoves pasado, escondido no bosque, atoparon o tesouro roubado da igrexa maior. Despois de varias indagacións, por fin atopan aos ladróns e todo o pobo acode á praza, onde terá lugar o xuízo. Que sucederá? Que sorpresas están a agardar?


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Benedito no pilao

Benedito vai pedir traballo na facenda do Coronel Libório, que o manda a traballar no pilón de millo. Desbocado e irreverente, Benedito vai ter que afrontar moito traballo ademais do mal carácter do seu patrón. Este espectáculo é unha homenaxe ao Mamulengo, teatro de monicreques popular de Brasil, que divirte e envolve ao público.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Los tres cabellos de oro de Don Gruñón

O rei quéreo todo e desexa os tres cabelos de ouro de don Gruñón. A meta parece imposible, pero Nicolino aventúrase polo amor que lle profesa a María, a filla do rei. No percorrido cara tan perigoso obxectivo, os nenos do público xogarán un importante rol coas súas oportunas intervencións.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Dragonada

Un dragón cuspelumes e un dragón cuspeauga, acompañados dun grupo de músicos trogloditas, asolan as rúas provocando medo e pánico.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Página 1 de 3123