Galicreques 2018

Espectáculos 2018: El Pirata Barba

Dende hai moito tempo o señor de Mirabet e o Pirata Barba enfróntanse polo mapa do tesouro. Dedican os seus días a perseguirse e facerse a vida imposible, ata que se dan conta dunha sorprendente realidade… Nas illas Columbretes revelarase este segredo e descubrirán o verdadeiro tesouro.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: For+

Pupi é un neno pequeno que se mergulla nos seus soños levándonos con el ao mundo do xogo, dos seus garabatos que danzan e cantan ao ritmo da alegría e da cor. Este é unha viaxe cara á imaxinación de Pupi, onde todas as cousas poden ser posibles, cobrando vida para facernos sentir e soñar. Cando Pupi abre os ollos, algo no noso interior cambia, porque el somos todos!


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Alforria

Alforria é un espectáculo en viaxe, onde o público poderá sorprenderse coa decisión de buscar unha vida máis feliz. Xica e Tiberio, traballadores incansables, viven escravizados pero, nos ollos de Silvestre, o simpático xavarincan, descubrirán que a amizade e a coraxe son os guías do corazón. Dentro e fóra do carro mostrarase a vida e o acto de vivir cara á liberdade.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

El árbol de sombreros

Preto de Pobo Encantado hai unha árbore que florece todas as primaveras. É un ben da comunidade e os campesiños reúnense ao redor dela en romarías que organizan no tempo da colleita. Pero… Don Moneditas, que vive nun castelo no bosque encantado, descobre as propiedades marabillosas da árbore e decide apropiarse dela para o seu beneficio e uso, o que desencadeará unha serie de complicacións.
Espectáculo interpretado con instrumentos de percusión e corda, que exalta o valor da unidade, a solidariedade e a defensa dos bens comunitarios.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Página 4 de 41234