Galicreques 2018

Espectáculos 2018: Home

“Home” é unha obra de monicreque bunraku e máscara que nos traslada o drama de Alón, un pensionista pobre e solitario ao que queren botar do seu pequeno piso de toda a vida. Baseada nun caso verídico, expón un conflito que se dá a diario en calquera gran cidade do mundo. “Home”, acción silenciosa, dálle voz a quen carece de forza para facerse oír. É unha viaxe máxica e surrealista pola vida de quen o perdeu case todo. Esta comedia dramática (ou drama cómico) propón unha reflexión crítica sobre o Estado do Benestar e o problema da xentrificación. “Home”, silencioso berro de protesta contra o desafiuzamento dos máis débiles en aras das implacables leis do Mercado, é unha metáfora poética e visual sobre o ser que desde arriba dirixe os movementos das nosas vidas.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: DerreTimos

A pallasa Hula recibe unha carta –antiga modalidade de comunicación– na que o monicreque Piollo convídaa a participar nunha aventura que podería convertelos en heroes. O único que han de facer é salvar o planeta Terra dun inimigo infinitamente máis poderoso que eles: o Quecemento Global. Pero quizais é unha tarefa demasiado grande para só dous heroes. Quizais necesitarán o pequeno esforzo cotián de numerosos heroes anónimos…


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Rapsodia de lujuria y cuernos

Cinco pezas breves compoñen o percorrido: “El Fantasma” y “El tío y la sobrina” de Javier Villafañe; “El astrólogo y la niña” de César López Ocón; “Los cuernos de don Friolera” de Valle-Inclán e “El Mago del sombrero negro” de Eduardo Di Mauro. En case todos os relatos aparece o tema dos celos produto de infidelidades. Estes diálogos en fino verso mostran unha pincelada de cada un dos mestres titiriteiros mencionados.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Viaje a un país de…

Baseada en “Historias de cronopios y famas”, chega esta coprodución internacional que pon en escena a fantástica historia de Julio Cortázar, que tanta influencia tivo na literatura moderna. Máis de 40 bonecos en escena, con música en directo e unha gran exhibición escenográfica para vivir esta aventura de Esperanzas, Famas e Cronopios.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: La Caperucita

Todo parece transcorrer coma sempre: a mamá de Carapuchiña pídelle que vaia a casa da súa avoa… ata que irrompe na historia o lobiño Juan, fillo do Lobo feroz, quen a pesar das leccións do seu pai non logra ser o temible lobo que habita no bosque. E por se isto fose pouco, goza da compañía e a tenrura dunha avoa que o espera para lerlle historias e dunha nena, Carapuchiña Vermella, a quen se supón debe devorar e de quen acaba sendo moi bo amigo.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Noa ¡¡¡Uy, uy, uy!!!

Noa ten dous anos. Durmiu en casa da avoa Krotxe e o avó Bombino. Cando esperta revive con eles os seus recordos filmados de xiras polo ancho mundo. A hora de comer transfórmase nunha opereta italiana que celebra o bo comer e o bo… o que vén logo. Despois hai que ordenar a sala… ordenando e desordenando xorden paisaxes extraordinarias: un mar marabilloso, gaivotas, quenllas, un peixe globo e unha balea. O barco de Noa pode voar e sobe moi alto, aventúrase polo espazo infinito e, flotando, flotando, chega a hora de durmir para Noa e os seus avós.
Ui, ui, ui!!! Que día tan estupendo!


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: El oso que no lo era

Cando o oso espertou dun longo soño todo ao seu arredor cambiara: o bosque, a herba, as árbores e as flores; todo desaparecera. Mentres el durmía, uns homes construíron unha gran fábrica no lugar onde estaba o bosque. Os directivos da empresa aseguran que o oso é un home e insisten en poñelo a traballar. Así comezan as aventuras de “O oso que non o era”. Un fermoso conto que nos fala da incapacidade de recoñecer ao outro na súa diferenza, pero tamén do enfrontamento entre o que chamamos progreso e a conservación da contorna ecolóxica.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: ¿Quién soy?

Unha nena de grandes coletas e ollos expresivos tenta pescudar quen é. Por que teño que ser unha nena? Por que non podo ser unha flor ou unha bolboreta? Ánxela, a protagonista, non se conforma con que todos lle digan que é unha preciosa nena, ela ten que pescudalo.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: En una canasta

Ela naceu de noite. Unha noite sen lúa. Ela non tiña berce. A súa mamá deixouna nunha canastra. Así comeza a súa viaxe. Ela deféndese coa graza do seu instinto e a coraxe da súa inxenuidade. A súa canastra lévaa por un río titiritesco, un monte cheo de animais e alguén que ninguén espera, o home coas súas armas. O río dá ao mar. Ela soa no infinito mar. El, un artesán vimbieiro, con mans trenzadoras, con historias para contar… Ela filla, el papá. Uns brazos que son berce, nunha noite con lúa.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Orellas de trapo

Aínda que se teñan orellas de trapo, pódense escoitar moitas cousas ao noso arredor.
Imos coñecer o mundo a través do noso entorno inmediato, dos nosos amigos dos contos. E eles vannos axudar a achegarnos aos demais e a coñecernos mellor a nós mesmos.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Página 3 de 41234