Galicreques 2018

Espectáculos 2018: De oficio… ¡serenateros!

Dous serenateros chegan para cantar e contar as súas historias. Pícolo, desilusionado do oficio, quere retirarse e Margarita tratará de convencelo do valor e a maxia que teñen as serenatas, facéndolle revivir a historia de amor do Afiador e a Costureira. Esta historia transcorre na feira de “Puerto Encantado”, un pobo que queda alén do mar. Pícolo e Margarita guiaranos coas súas cancións para que se atopen definitivamente.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: El alguacil Buñuelo

No pobo ocorreu algo estraño: din que o xoves pasado, escondido no bosque, atoparon o tesouro roubado da igrexa maior. Despois de varias indagacións, por fin atopan aos ladróns e todo o pobo acode á praza, onde terá lugar o xuízo. Que sucederá? Que sorpresas están a agardar?


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Benedito no pilao

Benedito vai pedir traballo na facenda do Coronel Libório, que o manda a traballar no pilón de millo. Desbocado e irreverente, Benedito vai ter que afrontar moito traballo ademais do mal carácter do seu patrón. Este espectáculo é unha homenaxe ao Mamulengo, teatro de monicreques popular de Brasil, que divirte e envolve ao público.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Los tres cabellos de oro de Don Gruñón

O rei quéreo todo e desexa os tres cabelos de ouro de don Gruñón. A meta parece imposible, pero Nicolino aventúrase polo amor que lle profesa a María, a filla do rei. No percorrido cara tan perigoso obxectivo, os nenos do público xogarán un importante rol coas súas oportunas intervencións.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Dragonada

Un dragón cuspelumes e un dragón cuspeauga, acompañados dun grupo de músicos trogloditas, asolan as rúas provocando medo e pánico.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Toque de caixa

Inspirado nos tocadores de pianola, nos multi-instrumentistas e músicos que conducen a harmonía dos sons polos catro costados do mundo. É un espectáculo itinerante, onde as marionetas humanas transportan unha máxica caixa de música. Chegou a hora, o espectáculo vai empezar! Flora e o mestre Ananías prometen non desafinar?! “Eu podo, conseguireino, só teño que crer!”


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Títeres de Cachiporra

Os monicreques de cachaporra son un clásico do teatro que ten as súas claves na participación e o diálogo co público, no ritmo frenético dos seus bonecos e no efecto catártico da cachaporra. Un dos personaxes máis soados deste espectáculo é Pelegrín, que creceu coa complicidade de varias xeracións de nenos.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Un secreto increíble

Como todas as mañás, Amets e Colmillo emprenden o camiño ao cole. Pero un día ocorre algo estraño: un eclipse, unha mochila que cobra vida e un neno con súper poderes que fará o que sexa para rescatar ao seu amigo can das fauces dun monstro. Con este segredo incrible, Súper Amets vivirá unha marabillosa aventura xunto ao inseparable Colmillo.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: As Xeneralas da Ulla

Dúas xeneralas e dúas correos percorren as rúas dacabalo dando vivas e facendo os seus atranques.

Atención, donas e cabaleiros, digan todos a unha voz:
Viva a xente de Santiago e toda a súa familia!
Viva!!!
Viva a xente que nos rodea e mira!
Viva!!!
Viva a música e siga!
Viva!!!


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Réquiem por un monicreque

A un teatro á italiana vai chegando o público, que toma asento nos seus palcos. Sona o timbre e comeza o V acto da ópera “Romeo e Xulieta” de Gounod. Ao remate, unha voz radiofónica anuncia que se representará un crime que sucedeu na Scala de Milán nunha función desta ópera. A partir deste momento, todo un xogo de intrigas, de vaidades e diferencia de clases aparece ante o espectador. O traballo escénico amosa a dobre visión dunha mesma escena: dunha banda dende o punto de vista do público e, doutra, do que realmente ocorre entre caixas, no escenario.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Página 2 de 41234