Galicreques 2018

Presentación Galicreques 2018

Do 13 ao 21 de outubro de 2018 celebramos en Santiago de Compostela a XXIII edición do Festival Internacional Galicreques. Animámosvos a todos a participar! Consulta aquí o prezo das entradas. Vídeo presentación: https://www.youtube.com/watch?v=kEhRJasfOEo Catálogo Galicreques 2018: CATÁLOGO_galicreques_2018 Save Save


Galicreques 2018, Presentación Galicreques 2018, Últimas edicións |

Programación Galicreques 2018

Sábado 13 de Outubro 2018 13.00h Boca de Cao. “Toque de caixa”. Ruada: Alameda–Praza Toural-Praza Praterías-Praza Mazarelos 17.00h Titiritainas. “El alguacil Buñuelo”. Teatro Principal 18.00h Xarop Teatre. “For+”. Fundación SGAE – Especial bebés 18.00h Boca de Cao. “Alforria”. Praza Toural 20.30h Tres Tigres-Chachakün-Títeres Cachirulo. “Viaje a un país de…”. Teatro Principal Domingo 14 de Outubro […]


Galicreques 2018, Programación Galicreques 2018, Últimas edicións |

Premio Galicreques 2018

No 2018 o premio é para a compañía de Euskadi “Panta Rhei” con máis de 30 anos de traxectoria nos que foron investigando na relación do actor co personaxe animado, tanto no teatro de obxectos como nas máis diversas técnicas: bunraku, marionetas, monicreques, sombras, etc.
Idoia Ayestarán Aristoi e Emilio Fernández de Pinedo, os directores da compañía, xa iniciaran a súa andaina teatral con bonecos no 1983 formando parte da mítica Cooperativa Teatral Denok ou Teatro Órdago, e dende entón o seu compromiso artístico e profesional foi total, tanto na formación coma na creación de espectáculos comprometidos con temáticas actuais: “Helen”, “Compañeiros de barrio”, “Corre, pallasa, corre”, son fiel reflexo da sociedade; teatro que deixa un sorriso e unha reflexión.
Idoia e Emilio abriron seus corazóns a numerosos artistas cos que compartiron esta andaina titiriteira, na que crearon circuítos, programacións, festivais, exposicións, cursos, dándolle pulo ao teatro de bonecos e creando lazos entre os creadores e o seu público.


Galicreques 2018, Premio Galicreques 2018, Últimas edicións |

Exposición: Marionetas, monicreques e máscaras de Iberoamérica

Presentamos unha mostra que inclúe pezas de países como Arxentina, México, Perú, Brasil ou España.
Faremos un percorrido pola súa traxectoria, os principais estilos de construción, a difusión cultural entre as súas xentes, a influencia da mitoloxía, etc., a través dos personaxes e elementos de atrezzo dalgúns dos espectáculos máis representativos.


Exposicións 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Obradoiro: Marioneta de dedo Pinocho con madeira e material de refugallo

Venres 19 de outubro, de 17:00 a 20:00 h Sábado 20 de outubro, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Domingo 21 de outubro, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h   Na Praza do Toural (xunto ao punto informativo do Galicreques) Prezo por neno/nena: 4€ (material […]


Cursos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Astokillo

Nome da compañía: Panta Rhei Idades recomendadas: todos os públicos Duración: 60 minutos Técnica: teatro de rúa Idioma: castelán Sinopse O feirante, monicrequeiro Maese Zambulón e o seu burro Rigoletto percorren pobos e cidades co seu circo de variedades. Coa súa comedia na rúa, transitan por un país imaxinario onde a xente unha vez foi […]


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Limpiabotas

Nino & Mambrú, os irmáns limpabotas.
Vide ver aos últimos do seu gremio.
Vide ver a súa técnica fina, milenaria.
Vide ver e a ter á vosa mercé a estes dous servos dos zapatos do pobo.
Que o fagan ben ou mal, xa é outro cantar, pero vide. Vide velos!


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Auga que non vas beber

Recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “ O cura está malo” entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada. Á estrutura básica de monicreque de cachaporra engádense sketchs feitos con outros recursos como os monicreques de táboa, a planjet, o cartel de cego ou as siluetas. Unha ducia de cancións do patrimonio musical ibérico vanse integrando na trama e serán cantadas en directo polos dous actores e acompañadas coa guitarra, o cavaquiño, a viola e unha variedade de percusións como a pandeireta, o adufe, a lata de pemento picante, o requerreque e o bombo.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Cantamos?

A Rosi encántanlle a música e os contos. Un día, nun concerto, descobre algo xenial: que os contos tamén se poden cantar!
Luis Vallecillo, desta maneira, ábrelle as portas a un novo mundo de fantasía e diversión, ademais de convidarnos a formar parte do seu coro…
Que? Animádesvos?


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Espectáculos 2018: Mi jardín

No medio dun deserto, un viaxeiro decide crear un xardín. Pero, como facelo?
A partir do texto da autora belga de orixe iraniana, Mandana Sadat, o Grupo Sobrevento compón un espectáculo que fala de esperanza, de soño, do desexo e da posibilidade de construír entre todos un mundo fermoso.


Espectáculos 2018, Galicreques 2018, Últimas edicións |

Página 1 de 41234