Galicreques 2017

Espectáculos 2017: O dia em que a morte sambou / A Señora Rosa e a morte

O ancián vivía só, nunha casiña de adobe, do outro lado do río Tracunhaém. O que pode soar tráxico para moitos, para el non é motivo de queixume, xa que ten a música, a danza e, sobre todo, unha conciencia aguda da súa profunda conexión co universo. Inspirada pola vivencia cos rapaces de Maracatu Rural e Cabalo Mariño (Brasil), a obra busca reconstruír as concepcións negativas contemporáneas da vellez e da morte, e compartir un pouco da sabedoría que os autores atoparon na cultura popular da Zona da Mata de Pernambuco. Máis que nada, o espectáculo é unha celebración da vida e da morte, como parte esencial e indisociable dela.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Un botón en mi cabeza

Un botón vermello asoma da cabeza de Clott, que o fai obxecto de intrigas, desexos e convérteo nun neno diferente. Co seu avó e a súa irmá viven tranquilos no campo, coidando e amando a natureza, pero de súpeto vense obrigados a trasladarse á cidade. Un misterioso personaxe está demasiado interesado no botón de Clott. Ofrécelle de todo a cambio: diñeiro, un coche último modelo e ata unha nave espacial para chegar a outros mundos. Clott comezará a ver no seu botón un poder insospeitado.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Viento

Dous personaxes nostálxicos descóbrense nunha estación de tren. Namóranse nun mundo sen cabeza.
Tenrura e humor nun universo absurdo.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Recreo

Esta é a historia dunha filla aventureira e un pai preocupado.
Desde hai un tempo a pequena Telma chega da escola famenta. Por que? Que pasará nese recreo?
Para pescudar que lle sucede a Telma non vale facer preguntas, tes que ser explorador de selvas, saber falar con elefantes, ser un bo pirata, un excelente nadador… e facer o que sexa necesario para atopar o tesouro.
Unha homenaxe á amizade e a solidariedade que nace no patio do recreo.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Pipa, el títere maravilla

Pipa non quere unha vida tranquila e apracible, quere xogar, divertirse, namorarse, vivir a vida… Pero atoparase cun mundo cheo de personaxes sorprendentes: o señorito Toful e o seu pau-selfie, a señorita Nina e o seu xeado, o señor banqueiro e a súa máquina, e ata cun crocodilo moi famento e as súas burbullas. Unha aloucada, a miúdo surrealista e tenra comedia de monicreques.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Circo Galaico

Nunha fraga, dous trasgos presentan o circo máis insólito… O único do mundo onde os artistas viven en liberdade. O Circo Galaico xa está aquí!
Os números clásicos de circo reinterpretados polos animais da fauna galega. Un raposo malabarista; Xaquín, o xabarín máis forzudo da comarca; Rivelina, a cabuxa máis tola do país… e moitos máis!


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Cincenta

O zapateiro real recibe todos os días calzado das persoas máis importantes do reino. Un día chegará ás súas mans un pequeno zapato de cristal cunha fantástica historia; trátase do fermoso zapato da moza Cincenta.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Contos para pasalo de medo

Cinco historias de terror con amor e humor, narración oral, monicreques e elementos visuais. Contos que axudan a vencer os medos, pensados para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: As aventuras de Gale

Gale conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e descubrir o mundo. Unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: O agasallo de Anya

Anya e Xiana son dúas nenas que viven separadas por catro mil km, pero unidas por todo o demais: sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade…
Neste espectáculo, as dúas protagonistas descubrirannos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.
Unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que representamos con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Página 3 de 41234