Galicreques 2017
Presentación Galicreques 2017
Do 14 ao 22 de outubro de 2017 celebramos en Santiago de Compostela a XXII edición do Festival Internacional Galicreques.
Programación Galicreques 2017
Sábado 14 de Outubro 2017 13.00h Ruada. “Xigantes e cabezudos”. Alameda–Praza Toural-Praza Praterías-Praza Mazarelos 18.00h Títeres Larderos. “Historia de cómicos y titiriteros de Cuenca”. Fundación SGAE Domingo 15 de Outubro 2017 12.30h Fantoches Baj. “Os golfiños e o xigante”. Fundación SGAE 13.00h Ruada. “Xigantes e cabezudos”. Alameda-Praza Toural-Praza Praterías-Praza Mazarelos 18.00h Títeres Cachirulo. “Bala Perdida”. […]
Premio Galicreques 2017
O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod@s @s amantes das marionetas.
Obradoiro 2017: Constrúe o teu propio monicreque

Venres 20 de outubro, de 17:00 a 20:00 h
Sábado 21 de outubro, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Domingo 22 de outubro, de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Na Praza do Toural (xunto ao punto informativo do Galicreques)
Duración: 10 minutos aproximadamente
Prezo por neno/nena: 3 € (material incluído)
Espectáculos 2017: Vacacións no mar

Espectáculo de monicreques de luva con cachaporra ao estilo clásico aínda que adaptado á linguaxe actual.
Unha sinxela historia con Marina do Mar, Moncho o mariñeiro e o pirata Ollo Virollo, tres personaxes arquetípicos e ben definidos.
Ideal para gozar en familia. Moita emoción e interacción co público.
Espectáculos 2017: Enredos de amor y odio

A pesar de que o tempo avanza implacable para todos, hai cousas que parecen non cambiar nunca. Aquilo que atormentaba ás mulleres e homes que viviron outrora segue sendo hoxe o mesmo: O Amor e o seu contrario.
Pantalone quere ás súas moedas de maneira tan secreta e íntima como a súa esposa, a Señora, quere ao fanfarrón do Capitano. O Capitano, pola súa banda, quérese tanto a si mesmo que é incapaz de querer a ninguén. Os Namorados quérense tanto que tolean e son incapaces de saber quen son eles mesmos e os Escravos teñen tanta fame que apenas teñen tempo para os belos deleites de Cupido.
Enredos de Amor e Odio supón volver traer a escena os vellos arquetipos que habitan en todos nós e rirnos todos xuntos deles. Volver traer aquí as vellas máscaras nas que aínda segue viva a esencia do teatro.
Espectáculos 2017: Poeta Niña

Unha invitación para xogar coas palabras e os sons, unha viaxe á liberdade creadora, unha chamada para espertar ao poeta interior e ao neno interior para vivir con creatividade e empatía os tempos actuais. Poesías escritas por poetas nenos, para nenos poetas.
Espectáculos 2017: Le Fumiste

“Le Fumiste” é unha homenaxe á memoria, que como unha caricia lembra as vivencias da infancia e outros momentos da vida.
Os recordos son como o fume: aparecen, bailan, acompáñanche, cambian de forma e desaparecen ante os teus ollos.
Espectáculos 2017: Historias con guantes

María está asustada. Viu algo terrible cando viña de facer as compras e non ve a hora de que chegue Juancito, o seu noivo, para contarlle. Que viu María? Unha pantasma, un diaño, unha bruxa, un feiticeiro?
Espectáculos 2017: Peregrinación

Fernão Mendes Pinto relatou as “moitas e moi estrañas cousas que viu e oíu” nun libro ao que deu o nome de “Peregrinación”, publicado en 1614, trinta anos despois da súa morte. Trátase dunha obra que reúne varios xéneros literarios e que constitúe un precioso documento dunha época gloriosa da historia e un dos libros portugueses máis difundido no mundo.
Traducido agora na linguaxe teatral pola compañía Lafontana-Formas Animadas, a interpretación da Peregrinación vólvese máis sedutora aínda. Nun escenario transformado en estudo de cinema, as imaxes son recollidas por un sistema informático que promove o seu tratamento, montaxe, mestura, sonorización e inserción de efectos especiais, todo en tempo real. O resultado final proxéctase nunha pantalla.
Grazas á conxunción teatro-cinema, o maior anti-heroe da historia portuguesa do século XVI xorde aos nosos ollos cunha intemporalidade fabulosa.