Espectáculos 2017

Espectáculos 2017: Pipa, el títere maravilla

Pipa non quere unha vida tranquila e apracible, quere xogar, divertirse, namorarse, vivir a vida… Pero atoparase cun mundo cheo de personaxes sorprendentes: o señorito Toful e o seu pau-selfie, a señorita Nina e o seu xeado, o señor banqueiro e a súa máquina, e ata cun crocodilo moi famento e as súas burbullas. Unha aloucada, a miúdo surrealista e tenra comedia de monicreques.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Circo Galaico

Nunha fraga, dous trasgos presentan o circo máis insólito… O único do mundo onde os artistas viven en liberdade. O Circo Galaico xa está aquí!
Os números clásicos de circo reinterpretados polos animais da fauna galega. Un raposo malabarista; Xaquín, o xabarín máis forzudo da comarca; Rivelina, a cabuxa máis tola do país… e moitos máis!


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Cincenta

O zapateiro real recibe todos os días calzado das persoas máis importantes do reino. Un día chegará ás súas mans un pequeno zapato de cristal cunha fantástica historia; trátase do fermoso zapato da moza Cincenta.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Contos para pasalo de medo

Cinco historias de terror con amor e humor, narración oral, monicreques e elementos visuais. Contos que axudan a vencer os medos, pensados para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: As aventuras de Gale

Gale conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e descubrir o mundo. Unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: O agasallo de Anya

Anya e Xiana son dúas nenas que viven separadas por catro mil km, pero unidas por todo o demais: sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade…
Neste espectáculo, as dúas protagonistas descubrirannos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.
Unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que representamos con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Güe-güe

Nesta noite de lúa chea imos descubrir que é un güe-güe, e para iso temos que atopar algo pequeno que estea a durmir.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Página 3 de 3123