Espectáculos 2017

Espectáculos 2017: Macbeth – ya somos el olvido que seremos

A trama da obra é moi coñecida; non insistiremos sobre ela. Si queremos destacar e acentuar un dos fíos que a vertebran e que nos animou especialmente a vivir con este texto: o enigma do “ser home”, do “ser humano”, a súa dignidade e os seus límites. Macbeth exclama: “Son capaz de facer todo aquilo que é digno dun home, quen se atreva a máis non o é” Entón: cal é o límite da dignidade? En que se converte quen o excede? Co noso traballo non pretendemos descifrar o enigma, só tratamos de concretar e afinar as preguntas para acurralar as respostas aceptando de antemán que se nos van seguir escapando por entre os dedos.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Mi primer Quijote

Este espectáculo está pensado para dar a coñecer a figura de Don Quixote aos máis pequenos. Concibiuse con elementos próximos aos xogos de construción que se utilizan nas aulas de Educación Infantil. Máis que nunca os monicreques son bonecos, son mais xoguetes que nunca e os titiriteiros os protagonistas dun xogo baseado nas aventuras de Don Quixote e Sancho, aderezado coa música en directo dunha Viola de Gamba.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: La dernière danse de Brigitte

Brigitte ten tantos anos que os seus recordos están en branco e negro. Tantos, tantos que se lle preguntas a idade dirache: “-Moitos e uns poucos máis.” Pero Brigitte sabe que chegou a hora, o momento exacto no que o seu último segundo farase eterno e xa non terá sentido acumular máis tempo. Antes de marchar Brigitte fará a súa equipaxe enchendo a súa caixiña daqueles recordos que a manteñan viva por última vez. Benvidos ao último baile de Brigitte. Un proxecto de mimo corporal, monicreques, danza e teatro visual ao servizo dunha historia sen texto imposible de narrar con palabras.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Redondo

Espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura, atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Bala Perdida

Bala Perdida é un pirata, unha lenda, un corsario da vida, un ser bondadoso e rosmón, un valente e un xusticeiro, un Robin Hood, un John Silver, un capitán Kidd, un filibusteiro atlántico que non habita na illa da Tartaruga senón entre as néboas dun océano ignoto, misterioso e milenario. Ao seu carón, a súa mariñeiría: homes curtidos nos mares, entre treboadas e naufraxios, todos membros da Irmandade da Costa, e xunto deles e do seu espírito aventureiro, un tesouro que queima nas mans.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Vuela pluma

“Vuela Pluma” cóntanos a historia dun paxaro que vivía “feliz” na súa gaiola, ata que un día tivo un soño… a gaiola abriuse e a ilusión por fin moveu as súas ás…
“Vuela Pluma” é un conto sobre a liberdade e o respecto á verdadeira natureza dos seres vivos. Dámoslle ao noso paxaro protagonista a posibilidade de vivir o seu soño e aos espectadores a oportunidade de acompañalo no seu voo.
Ás veces, as persoas somos capaces de encerrar o que amamos nunha gaiola, para que non se escape e quede ao noso lado.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: O dia em que a morte sambou / A Señora Rosa e a morte

O ancián vivía só, nunha casiña de adobe, do outro lado do río Tracunhaém. O que pode soar tráxico para moitos, para el non é motivo de queixume, xa que ten a música, a danza e, sobre todo, unha conciencia aguda da súa profunda conexión co universo. Inspirada pola vivencia cos rapaces de Maracatu Rural e Cabalo Mariño (Brasil), a obra busca reconstruír as concepcións negativas contemporáneas da vellez e da morte, e compartir un pouco da sabedoría que os autores atoparon na cultura popular da Zona da Mata de Pernambuco. Máis que nada, o espectáculo é unha celebración da vida e da morte, como parte esencial e indisociable dela.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Un botón en mi cabeza

Un botón vermello asoma da cabeza de Clott, que o fai obxecto de intrigas, desexos e convérteo nun neno diferente. Co seu avó e a súa irmá viven tranquilos no campo, coidando e amando a natureza, pero de súpeto vense obrigados a trasladarse á cidade. Un misterioso personaxe está demasiado interesado no botón de Clott. Ofrécelle de todo a cambio: diñeiro, un coche último modelo e ata unha nave espacial para chegar a outros mundos. Clott comezará a ver no seu botón un poder insospeitado.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Viento

Dous personaxes nostálxicos descóbrense nunha estación de tren. Namóranse nun mundo sen cabeza.
Tenrura e humor nun universo absurdo.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Recreo

Esta é a historia dunha filla aventureira e un pai preocupado.
Desde hai un tempo a pequena Telma chega da escola famenta. Por que? Que pasará nese recreo?
Para pescudar que lle sucede a Telma non vale facer preguntas, tes que ser explorador de selvas, saber falar con elefantes, ser un bo pirata, un excelente nadador… e facer o que sexa necesario para atopar o tesouro.
Unha homenaxe á amizade e a solidariedade que nace no patio do recreo.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Página 2 de 3123