Espectáculos 2017

Espectáculos 2017: Vacacións no mar

Espectáculo de monicreques de luva con cachaporra ao estilo clásico aínda que adaptado á linguaxe actual.
Unha sinxela historia con Marina do Mar, Moncho o mariñeiro e o pirata Ollo Virollo, tres personaxes arquetípicos e ben definidos.
Ideal para gozar en familia. Moita emoción e interacción co público.


Espectáculos 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Enredos de amor y odio

A pesar de que o tempo avanza implacable para todos, hai cousas que parecen non cambiar nunca. Aquilo que atormentaba ás mulleres e homes que viviron outrora segue sendo hoxe o mesmo: O Amor e o seu contrario.
Pantalone quere ás súas moedas de maneira tan secreta e íntima como a súa esposa, a Señora, quere ao fanfarrón do Capitano. O Capitano, pola súa banda, quérese tanto a si mesmo que é incapaz de querer a ninguén. Os Namorados quérense tanto que tolean e son incapaces de saber quen son eles mesmos e os Escravos teñen tanta fame que apenas teñen tempo para os belos deleites de Cupido.
Enredos de Amor e Odio supón volver traer a escena os vellos arquetipos que habitan en todos nós e rirnos todos xuntos deles. Volver traer aquí as vellas máscaras nas que aínda segue viva a esencia do teatro.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Poeta Niña

Unha invitación para xogar coas palabras e os sons, unha viaxe á liberdade creadora, unha chamada para espertar ao poeta interior e ao neno interior para vivir con creatividade e empatía os tempos actuais. Poesías escritas por poetas nenos, para nenos poetas.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Le Fumiste

“Le Fumiste” é unha homenaxe á memoria, que como unha caricia lembra as vivencias da infancia e outros momentos da vida.
Os recordos son como o fume: aparecen, bailan, acompáñanche, cambian de forma e desaparecen ante os teus ollos.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Historias con guantes

María está asustada. Viu algo terrible cando viña de facer as compras e non ve a hora de que chegue Juancito, o seu noivo, para contarlle. Que viu María? Unha pantasma, un diaño, unha bruxa, un feiticeiro?


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Peregrinación

Fernão Mendes Pinto relatou as “moitas e moi estrañas cousas que viu e oíu” nun libro ao que deu o nome de “Peregrinación”, publicado en 1614, trinta anos despois da súa morte. Trátase dunha obra que reúne varios xéneros literarios e que constitúe un precioso documento dunha época gloriosa da historia e un dos libros portugueses máis difundido no mundo.
Traducido agora na linguaxe teatral pola compañía Lafontana-Formas Animadas, a interpretación da Peregrinación vólvese máis sedutora aínda. Nun escenario transformado en estudo de cinema, as imaxes son recollidas por un sistema informático que promove o seu tratamento, montaxe, mestura, sonorización e inserción de efectos especiais, todo en tempo real. O resultado final proxéctase nunha pantalla.
Grazas á conxunción teatro-cinema, o maior anti-heroe da historia portuguesa do século XVI xorde aos nosos ollos cunha intemporalidade fabulosa.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Mamulengo Capiroto

“Mamulengo Capiroto” evoca a alegría, a liberdade e a transgresión que permiten transformar a dura realidade e levarnos cara a outra dimensión, onde a voz do pobo, os seus anhelos e desexos son oídos.
Personaxes e aventuras que buscan provocar a risa e a diversión para evadirnos do cotián.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: El alma del pueblo

Yanisbel, unha especialista e defensora dos monicreques, entra en escena para falar sobre tradicións ameazadas, coleccionistas, as diferentes formas de construír os monicreques e de transmitir aos máis novos o oficio, segundo as distintas culturas.
Para axudala, JFJ é o encargado de poñer as imaxes de vídeo. Pero este personaxe, que é un titiriteiro de “raza”, quere máis. El non se contenta con “darlle ao botón”, senón que quere actuar, xogar en directo, e comeza a intervir -tocando o violín, mostrando monicreques de diferentes técnicas, sacando un teatriño e facendo unha escena de luva…
Da pantalla van xurdindo tamén marionetas de diferentes lugares do mundo; unha fada vietnamita que baila sobre a auga colócase no centro da escena e créase unha rica confabulación entre uns planos de realidade e outros.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Os golfiños e o xigante

“Os golfiños e o xigante” está baseado no texto do mesmo nome da autoría de Inacio Vilariño e co que obtivo no 2016 o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques infantil.
É este un espectáculo de sombras chinesas que narra unha historia real coñecida por unha nova que se fixo eco a prensa internacional. O xigante Bao Xi Shun, considerado polo Record Guiness o home máis alto do planeta, conseguiu, grazas ó seu longuísimo brazo, salvar a uns golfiños dunha morte certa.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Historia de cómicos y titiriteros de Cuenca

Chegan os Cómicos e Titiriteiros de Cuenca á cidade, a contar as historias que pasaron noutro lugar. O que aconteceu no Bosque de Valera no Condado de Itoiz, no Reino de Gasterra. Unha gran historia de aventura que agora lles van a narrar. Oian e vexan que o espectáculo vai comezar!


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Página 1 de 3123