Espectáculos 2016

Espectáculos 2016: Contos para pasalo de medo

Presentámosvos os “Contos para pasalo de medo”. Cinco historias de terror con amor e humor, narración oral, monicreques e elementos visuais. Contos que axudan a vencer os medos, pensados para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Serenatas embichadas

Pícolo e Margarita elixiron por oficio ser serenateros. Cantan historias que se entrecruzan co amor, a liberdade, os soños e coa esperanza de… que acaben todos os problemas, xogando á rolda de pan e canela. Unha posta que integra o teatro e a música a través de dous personaxes que co humor e o disparate convidan á familia para compartir un novo encontro.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Los sueños de Trucas

Unha avoa conta a historia dun pintor que viviu na súa casa cando ela era nova: Trucas, un artista plástico rueiro, que protagonizou unha loita entre os seus ideais e os seus medos. A posibilidade ou non de poder realizar a súa vocación, a súa obra, a súa arte.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Telón de cielo

“Telón de Cielo” está baseado en pantomimas e historias sen palabras do autor e titiriteiro Guaira Castilla. O tamén titiriteiro Víctor Biau pon en escena esta poética obra, que recupera a maxia dos bonecos de trapo. Historias de flores, de nenas, de malos, de bos, de durmidos, de soñadores.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Juancha y Mariacha

Mariacha e Juancha son unha parella de campesiños andinos que viven cultivando as súas terras en harmonía coa súa contorna. Certo día, a tranquilidade da parella vese perturbada. Un misterioso intruso está a roubarlles, ante o cal Juancha foxe moi asustado mentres que Mariacha fai fronte á situación.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: El gato con botas

Esta recreación para monicreques do clásico infantil de Charles Perrault amósanos un gato que asume a responsabilidade de sacar da pobreza ao seu amo. O Gato quere cumprir un soño: vivir sen cazar ratos.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: La ratita presumida

A ratiña fachendosa verase envolvida nos seus caprichos. Pretendentes e heroes do asfalto daranse cita neste gran maratón de personaxes por conseguir a ratiña. Quen gañará a carreira? Non o perdan…


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Monstruos

Pit, un neno que busca salvar á súa amiga Valentina, enfrontarase a un bruxo, un vampiro, unha caveira e ata un dragón, pero sobre todo enfrontarase aos seus propios medos, porque os monstros e os medos non son o que parecen.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: A guerra das Galicsias

Marticia, atópase en alerta. As súas augas foron contaminadas cunha estraña sustancia que provoca os máis insólitos efectos nos seus habitantes. Detrás destes sucesos atópase o malvado emperador de Omega, planeando unha invasión que só o amor e un pouco de maxia, ao seu debido tempo, poden impedir.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: As Xeneralas da Ulla (pasacalles)

Dúas xeneralas e dúas correos percorren as rúas dacabalo dando vivas e facendo os seus atranques.
Atención, donas e cabaleiros, digan todos a unha voz:
Viva a xente da Ulla e toda a súa familia!
Viva!!!
Viva a xente que nos rodea e mira!
Viva!!!
Viva a música e siga!
Viva!!!


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Página 2 de 3123