Espectáculos 2015

Espectáculos 2015: Bruno Estampilla

Bruno, carteiro oficial do Correo Postal Titiriteiro, leva cartas e encomendas montado nunha motocicleta para marionetas. Todos os días, a primeira carta que entrega é para a súa amada María. Cada destino, unha aventura e cada destinatario, un misterio. Alá vai cumprir o seu deber Bruno Estampilla, un carteiro de marabilla.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Cóctel

Cóctel está composto por catro historias.
“Conversacións con Luis”: Monicreque e monicrequeiro charlan, intentan convivir. Rabechas adolescentes ou formulacións sumamente adultas, pero quen manda?
“Papelin”: Un paquete de panos na súa carreira por converterse en papel hixiénico, os conflitos dun adolescente en plena puberdade.
“A morte”: A osuda é quen abre este espectáculo: ao actor chegoulle a súa hora.
“A Nely”: Ela sabe que é un monicreque, unha señora de barrio sinxela, tocada polos problemas cotiáns. O monicrequeiro improvisará e xogará co que brote a partir do público presente.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Títeres a cielo abierto

Un espectáculo familiar que invita ao público a interactuar a través de tres divertidas historias.
Un monstro do centro da terra parece un terrorífico ser. Pero rapidamente descubriremos que, en realidade, é un sociable e tenro monstro alaranxado.
Un cuadrilleiro chamado Perigo vén decidido a conquistar o mundo e buscará entre o público aos seus novos secuaces. Conseguirá encontrar algún neno “malvado” que lle axude a concretar o seu maléfico plan ou será máis forte o desexo de protexer o noso planeta e os seres que viven nel?
Manu e o seu monicreque, Luis, intentan poñerse de acordo sobre quen dos dous manda, un conflito clásico onde Luis ensinará a Manu a ver as cousas dende outro punto de vista.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: La danza de las marionetas

Mieke e Chris presentan un orixinal espectáculo popular de monicreques bailaríns. Son tallas de madeira, realizadas por eles mesmos, que cobran vida ao son dos variados instrumentos que tocan (gaita, frauta, tamboril, zanfona…) A rexión flamenca de Limbourg estará presente, representada por esta parella de artesáns, músicos e animadores de marionetas.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: El mundo de Dondo

Dende o momento en que un bebé é xerado comeza unha gran viaxe: a vida. Dondo é o protagonista e verémolo crecer nalgúns dos momentos importantes de aprendizaxe e crecemento, o amor, os medos, a irmandade. O retablo xira e vaise transformando na barriga de mamá, o cuarto do bebé, os soños. Cunha variedade ecléctica de recursos artísticos. Con moita interacción co público, gozarano dende os nenos ata os adultos.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: La Gallina Churra

Podédesme dicir que tería que facer unha asustada galiña para esconderse de Dona Cobra? Non o sabedes? Menos mal que Ratorratón, o máis popular de todos os animais da granxa, ten unha desbordante imaxinación e unha irrefreable afección polos disfraces


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Sapo y Sepo en abstracto

Sapo e Sepo son amigos inseparables, non saben vivir o un sen o outro. Os dous xuntos saen de paseo, coidan o xardín, buscan botóns e viven emocionantes aventuras.
Pequena homenaxe ao Museo Abstracto de Cuenca, que no ano 2016 cumpre 50 anos, con ambientación e decorados en branco e negro, seguindo o estilo de Antonio Saura.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Los primeros burritos

Dorian, un burro noviño que vive a vida cunha inmensa curiosidade e inocencia, pasta e corrica na súa pradaría xunto con toda a súa familia. Pep, un león que é cazado mentres durme e metido nunha gaiola de circo. Ningún dos dous imaxinou o que ía pasar. Un día chegaron os Humanos e aos Burros e ao León cambioulles a vida para sempre.
Entendernos os uns aos outros non é doado, pero podemos interpretar o mundo mirando máis alá do noso embigo.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Los tres cerditos

Tres irmáns que xa están en idade de deixar o fogar familiar deciden buscar a súa propia sorte. Cada porquiño ten unha personalidade e isto reflíctese na forma na que deciden construír a súa nova casa, na que se protexerán do temible lobo feroz, ou non tan feroz?
Pallasos e marionetas contarannos esta clásica fábula acompañada de música e cancións.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Jugo de juguetes

Un monicrequeiro na rúa xoga cos seus monicreques e a súa música, contando divertidas historias e facendo participar ao público das súas loucuras.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Página 2 de 212