Espectáculos 2015

Espectáculos 2015: Puppet Pro

A improvisación chegou ao mundo dos monicreques, para que? preguntarédesvos. Era necesario? Pois si! Os monicreques teñen moito que dicir, infinidade de opinións propias e ideas que dificilmente un humano podería realizar.
As suxestións do público darán pé ao que lles suceda ás marionetas, as cales, por suposto, seguirán sendo elas mesmas.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Cuentos del ciego

Como en antano, un cego chega ao lugar. Con el viaxan contos, historias, noticias… Un mundo de fantasía ou realidade, depende de como se mire.
Historias para tod@s, todas as historias.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: A bruxa Maruxa

Unha bruxa moi poderosa invadirá a nosa cidade e, con moitas artimañas, nesta permanecerá.
A auga e os tronos e tamén os raios son a súa especialidade para buscar desastres a todos os habitantes, ata que un día… todo cambiará.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: El último cuento que me contó mi padre justo antes de salvar el mundo

Sabes por que os superheroes levan mallas de cores? Porque saben que son fantasía. Eu non levo traxe nin capa, vou con vaqueiros e chaquetas porque quero ser real, quero ser real para ti, para mamá, para min mesmo.
Ás veces temos que entender que os heroes de verdade non sempre saen voando pola ventá, ás veces tamén saen pola porta de casa.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Don Faustino

A nosa historia conta a desventura de Juancito, un humilde panadeiro que está a punto de ser enganado polo demo, o seu eterno rival, quen lle ofrece axuda para facerse rico e conquistar o corazón de María. Pero só hai un par de detalles que resolver, María é noiva de Juancito e o demo pretende quedar coa alma do panadeiro.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Güela-güela

Dende sempre, a misión das cegoñas adultas foi a de levar os bebés recén nacidos ao carón dos seus pais. Pero un día esquecéronse dun pano e Güily, unha cegoña pequeniña, decidiu que xa era maior para levarlle o bebé aos seus pais, aínda que non sabía que xusto ese era un un bebé moi peculiar…
Aquí comeza a gran aventura e a nosa historia chea de música, humor e diversión, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia pero, sobre todo, de “voar” sempre en grupo e nunca só, para podernos protexer dos perigos que nos poidamos atopar…


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Uxío no país de Patadecabra

Uxío é un neno de 7 anos que quere chegar a ser un Gran Mago, aínda que a súa realidade dille todos os días que non é posible. Ata que un día, a través dun soño, todo cambia.
Nese soño comezan a pasar cousas extraordinarias… Que pasará cando Uxío esperte? Sen dúbida unha historia envolvente que nos demostra que, para conseguir algo, só hai que desexalo con moita forza.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Barriga Verde ataca de novo

Espectáculo de cachiporra tradicional que recupera o personaxe galego máis popular do teatro de títeres na Galiza dos anos cincuenta: Barriga verde. Títeres Alakrán da vida ao mítico Barriga verde, que reaparece coa súa característica voz amplificada a través da palleta. O espectáculo conta cunha posta en escena actualizada aos tempos e á sociedade de hoxe, pero sen perder a máis pura esencia deste teatro vernáculo. En Barriga verde ataca de novo non faltarán os números clásicos do militar, a tourada, o enterro e, por suposto, o Demo.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Brancaneves e os 7

Recreación da historia de Brancaneves con teatro, música en directo e marionetas de mesa talladas en madeira.
A historia desenvólvese ao redor dunha gran lareira na que un vello rei lembra as aventuras da súa pequena filla Brancaneves e os encontros que ela tivo cos misteriosos sete personaxes do bosque.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Xeado de lúa

Unha noite de lúa chea,
cando un feixe de estreliñas bailaban a muñeira,
un rato moi pequeno e distraído,
ollando a lúa quedou durmido.
O señor gato contemplaba
o mesmo redondo prato
e como este suxería comida,
mirou para o rato con moita alegría.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Página 1 de 212