Galicreques 2014

Espectáculos 2014: La maleta de los títeres

LEÓN busca un lugar no que non vaia tanta calor como na selva na que vive. E unha nube xoguetona axudaralle a encontrar o que desexa.
FERDINANDO é un touro que ama as flores e das corridas de touros non quere nin oír falar…


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Mi amor es un colador

A caprichosa cadeliña Nina e a súa monicrequeira dispóñense a comezar a función. Pero hai un pequeno problema: deixáronse esquecido un monicreque na casa! Deciden improvisar un e así nace Toto: feito cun coador, esponxas de cociña e algúns retallos. Pero Nina rise del cando ensaian a súa escena e Toto, doído, vaise. Polo seu camiño fai novos amigos, axudándolles e mellorando as súas vidas; mentres tanto a monicrequeira e Nina, moi arrepentida, o buscan ata debaixo das pedras, pero poderán reencontrarse e empezar de novo? Unha historia chea de humor, encontros e desencontros, para pequenos e grandes, onde valoramos a amizade, a solidariedade e a aceptación do diferente.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , ,

Espectáculos 2014: Poemas visuales

Poemas Visuais comeza cun actor-músico, encarnando un poeta; leva consigo unha maleta repleta de letras de escuma e empeza a xogar cos seus sons e formas, descubrindo que a partir das letras pode crear poesía sen necesidade de construír palabras.
Coa guitarra e as cancións establece unha tenra relación coas letras que toman vida e crean un universo cheo de personaxes, coreografías, humor e accións dramáticas, onde se demostra que as letras non só serven para encher papeis e ordenadores senón que tamén poden crear un mundo sensible, de sobrecolledora sinxeleza.
As letras, manipuladas con varas sobre unha mesa, adquiren vida propia e vanse transformando a medida que avanza o espectáculo:
A E convértese nun can que xoga cun neno, que é a I. Unha Y cunha U crean unha bailarina rítmica e unha simple T, un trampolinista.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: La isla del tesoro

Os personaxes foron recollidos nas praias: elementos devoltos polo mar para contar no escenario a historia, como se fosen o tesouro que aínda queda na Illa Perdida. Estes elementos cobran vida da man do monicrequeiro, para contar a aventura de Jim Hawkins e o pirata Long John Silver. Unha das máis apaixonantes aventuras.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Os tres porquiños

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todas estas interrogantes, coma todo, está nos libros e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador moi afeccionado aos contos, que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: No fondo do mar (pasa rúas)

O Capitán Barba-Branca vai iniciar unha expedición para comprobar a saúde dos fondos mariños. Nas profundidades encóntrase con Manta Raia, Medusa, os dous Cabaliños de Mar, dous Peixes de Cores e unha Raspa Xigantesca e misteriosa. A expedición acaba sendo recibida pola Dama do Mar que nos conta a historia.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: El investigatopo

Unha galiña criada nun galiñeiro comercial, axudada pola boa sorte, logra escapar da súa “prisión”. A nosa heroína ten a oportunidade de realizar o soño da súa vida: poñer un ovo en liberdade e criar o seu poliño campo a través. A historia complícase cando aparece un famento raposo que furta o prezado oviño. Velaquí onde fai a súa entrada un detective que axiliza a causa: o Investigatopo.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , , ,

Espectáculos 2014: Cu-cú, Tas-tás (espectáculo para bebés)

Eespectáculo para bebés

Cu-cú, tas-tás, co revés imos xogar. Conceptos sinxelos de opostos. Espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa. Cucú Tastás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir cheo-baleiro, arriba-abaixo, preto-lonxe, pequeno-grande… E a súa familia e amigos van axudalo a aprender. Polas características da obra haberá un máximo de 25 bebés máis os seus acompañantes.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Astokillo

O feirante, monicrequeiro Maese Zambulón e o seu burro Rigoletto percorren pobos e cidades co seu circo de variedades.
Coa súa comedia na rúa, transitan por un país imaxinario onde a xente unha vez foi feliz e agora reina a trampa, a verdade de cartón e a explotación.
Unha fábula sobre un burro e o seu domador. Sobre a cobiza, o egoísmo, a lealdade e a xenerosidade nun mundo curtidor.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , , ,

Espectáculos 2014: La danza de las marionetas

Mieke e Chris presentan un orixinal espectáculo popular de monicreques bailaríns. Son tallas de madeira, realizadas por eles mesmos, que cobran vida ao son dos variados instrumentos que tocan (gaita, frauta, tamboril, zanfona…) A rexión flamenca de Limbourg estará presente, representada por esta parella de artesáns, músicos e animadores de marionetas.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Página 2 de 3123