Últimas edicións
Programación, espectáculos, cursos…
Velocíclopes (espectáculo itinerante)

Velocíclopes é un espectáculo conformado por varios sketchs, O propietario, Ser ou non ser e Os bos modais, onde a través da utilización dunha linguaxe plástica surrealista amósase o absurdo do comportamento humano en situacións propias da vida cotiá (a furia que aparece cando nos poñemos ao volante, o sentido da propiedade, a importancia de aparentar socialmente…)
O show de Barallocas

Gasas, cintas, cordas… calquera elemento cobra vida cando se cruza no camiño do estrambótico protagonista deste show.
As marionetas son creadas en escena por Barallocas, un persoeiro distraído que ve un helicóptero nunha corda ou nunha tea un bailarín máis alto ca el.
Unha sorte de sketchs de humor absurdo, que mesturando unha coidada manipulación de obxectos, máscaras e pantomima, trasládanos dende a selva a un gran ballet ruso nun pestanexo.
A abstracción de Barallocas non ten límite!
Teatro Dom Roberto

Teatro Don Roberto – historias que encantan hai máis de 300 anos. Unha tradición que chegou até nós vinda dos mestres monicrequeiros italianos no século XVII. O uso dunha palleta metálica para emitir as voces dos personaxes aínda hoxe é un misterio e un reclamo de público nesta arte. Estas peripecias son contadas á semellanza doutros tempos, cruzando moitas xeracións de público, traendo aínda hoxe alegría, interacción e entusiasmo a nenos dos 3 aos 103 anos.
Finisterrae: o último ultramarinos

Finisterrae: O último ultramarinos conta a historia de Berto e Mónica, veciños dunha vila da Costa da Morte con percorridos vitais moi diferentes que son como dúas caras da mesma moeda. Mónica encarna o entusiasmo de quen devece por retornar á súa terra, mentres Berto representa a apatía de quen tivo que ficar obrigado. A través do seu encontro despois de varios anos, asistimos a unha estampa particular da Costa da Morte; do seu pasado e presente, pero tamén dun futuro aínda por construír.
Finisterrae: O último ultramarinos é tamén un retrato da situación que atravesan moitas pequenas vilas afastadas dos grandes núcleos, que padecen un despoboamento progresivo e que se adaptan como poden aos cambios económicos e sociais que están a redefinir a súa identidade e o seu porvir.
El Circo Malvarrosa

Un grupo de personaxes estrafalarios atopa o seu lugar no mundo dentro do Circo Malvarrosa. Trátase dunha recreación poética e marionetística dos pequenos circos familiares que outrora percorrían Europa. O pallaso Coscorrito, o anano Capodimonti, Coloso Cartoni e Signorina Papelina, Arístides Manobianca, Mauricio e Martinica, Dona Rosa Proído e o Marqués de Malva compoñen entre todos un circo estraño e sorprendente que fará as delicias de grandes e pequenos.
Festa Rachada III – Ruada

A ruada “Festa Rachada III” reúne o mellor de cada casa. Temos o Dragón Cuspelume, A Galiña Cacatúa, os Feos Papamoscas, acompañados polos músicos Trogloditas que asombrarán e deleitarán ao numeroso público que nos acompaña habitualmente nos nosos percorridos escandalosos.
Presentación Galicreques 2019
Do 12 ao 20 de outubro de 2019 celebramos en Santiago de Compostela a XXIV edición do Festival Internacional Galicreques. Animámosvos a todos a participar! CATÁLOGO 2019: CATÁLOGO GALICREQUES 2019 Vídeo promocional: Galicreques 2019 Consulta aquí o prezo das entradas. ¡¡¡RESERVA XA A TÚA PRAZA PARA OS CURSOS!!!: Cursos Galicreques 2019 Save Save
Programación Galicreques 2019
Sábado 12 de Outubro 2019 12.00h Teatro Piedra Libre. “Caminito entre cartas”. A Reixa Tenda-Matrioska 13.30h Mad Compass. “Los limpiabotas”. Praza Praterías 18.00h Tropos Teatro. “Blancanieves”. Fundación SGAE Domingo 13 de Outubro 2019 12.30h Tropos Teatro. “Blancanieves”. Fundación SGAE 13.30h Fantoches Baj. “Velocíclopes”. Ruada: Alameda-Franco-Toural-Praterías 18.30h Mad Compass. “El barrendero”. Praza Toural Luns 14 de Outubro 2019 10.30h Tropos Teatro. “Blancanieves”. Fundación SGAE (función escolar) 10.30h A Xanela do Maxín. “A toupiña que […]
Premio Galicreques 2019

O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod@s @s amantes das marionetas. Ángel Suárez, fundador de Títeres Larderos, percorreu numerosos festivais […]
Espectáculos Galicreques 2019: A familia unida

Unha oferta laboral, una colocación de por vida para un emprendedor coas mellores condicións de traballo posibles. André, o Presidente, Propietario e Presentador do espectáculo, busca empregado. A quen non lle interesa?
Cromina, despois de ser pai, enfronta a súa natureza casual e festeira á responsabilidade e seriedade das circunstancias, a través de temas e personaxes clásicos como a Autoridade, a Paternidade, o Dragón e ata a Morte.