Últimas edicións

Programación, espectáculos, cursos…

Espectáculos Galicreques 2019: Vairoleto, pechito libertario

Cos elementos do radioteatro, o circo criollo, os monicreques de luva e a música en vivo constrúese unha mirada da vida do bandido rural arxentino, Juan Bautista Vairoleto. Vairoleto é un gaucho libre da pampa que, canso de tanta inxustiza, enfrontarase ao cobizoso Banqueiro Manganaro, que roubou bancos e banquetas deixando ao pobo de parado, privado do descanso.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Desde el azul

Un desfile de divertidos personaxes que, nos breves momentos da súa existencia sobre a escena, pretenden atrapar aqueles pequenos momentos poéticos que se atopan escondidos na vida diaria. Estes personaxes, cos seus soños e frustracións, cos seus éxitos e fracasos, nárrannos o eterno drama da traxicomedia humana…


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Marionetas de circo

Varias marionetas de fíos desfilan e exhiben as súas habilidades. Todas elas presentan un truco, unha fantasía ou unha sorpresa, levando ao público ata un mundo máxico e encantado! Toda a acción dun circo pero en marionetas, co tradicional trapecista, contorsionista, malabarista, etc.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Pazzzzzz

A Nena do fío tece os seus mundos oníricos para achar A Paz. Soña con Mens, un neno cun enorme nobelo sobre a súa cabeza do que quere librarse. Para iso, emprende unha viaxe sideral buscando respostas aos seus problemas.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Tolitates

Tolitates, movido por unha atracción se cadra máis tola ca el, sáltase todas as sinais de perigo e escapa da cordura sen pensar que sempre pode haber alguén máis transgresor ca el. Un persoeiro que irá atopando situacións e personaxes absurdos que loitan polo protagonismo nas táboas dun teatro.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Los limpiabotas

Nino & Mambrú, os irmáns limpabotas.
Vide ver aos últimos do seu gremio.
Vide ver a súa técnica fina, milenaria.
Vide ver e a ter á vosa mercé a estes dous servos dos zapatos do pobo.
Que o fagan ben ou mal, xa é outro cantar, pero vide.
Vide velos!


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: El barrendero

O varredor invisible, entre baldosa e baldosa, lixo e lixo, pasa a súa escoba. Unha danza de pasos finos e precisos que nos deixan ver a esquecida virtude do que desempeña un traballo anónimo. Aínda hai algo de poesía entre os restos, os plásticos e as latas da rúa que, aos poucos, van avanzando.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: Cronopios

Baseada nos personaxes dos relatos de “Cronopios y Famas” de Julio Cortázar, creamos unha comedia de enredo que nos introduce no mundo do surrealismo do entramado social.
Así, da man destes curiosos seres, asistimos á creación dun mundo máxico, paralelo á sociedade actual, onde conviven Cronopios, Famas e Esperanzas.
Un espectáculo con máis de 40 monicreques que farán as ledicias do espectador.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Espectáculos Galicreques 2019: El investigatopo

Unha galiña criada nun galiñeiro comercial, axudada pola boa sorte, logra escapar da súa “prisión”. A nosa heroína ten a oportunidade de realizar o soño da súa vida: poñer un ovo en liberdade e criar o seu poliño campo a través. A historia complícase cando aparece un famento raposo que furta o prezado oviño. Velaquí onde fai a súa entrada un detective que axiliza a causa: o Investigatopo.


Espectáculos 2019, Galicreques 2019, Últimas edicións |

Página 6 de 21« Primera...45678...20...Última »