Últimas edicións

Programación, espectáculos, cursos…

Taller adultos 2021: Teatro de sombras baseado no conto xaponés

Baseado nun conto Xaponés, imos imaxinar o mundo a través de personaxes procedentes de culturas e tradicións distintas. Imos crear os seus corpos en silueta e contar a historia a través da manipulación de marionetas que proxectan sombras. E, ao remate deste taller, faremos unha pequena representación.


Galicreques 2021, Últimas edicións |

Taller adultos 2021: Teatro Dom Roberto

En 2010, Rui Sousa converteuse nun dos poucos marionetistas portugueses en representar funcións de Teatro Dom Roberto. Nestes últimos 11 anos, ten desenvolvido varios espectáculos baseados no cancioneiro popular e tradicional, tendo no seu repertorio 4 historias clásicas desta técnica secular de teatro de rúa. Neste obradoiro será posible aprender técnicas de manipulación, fala con palleta e trucos de escena. É unha excelente oportunidade para ensinar esta arte en terras do Barriga Verde.


Galicreques 2021, Últimas edicións |

Taller adultos 2021: Laboratorio de obxectos

Ver máis aló das súas formas. Comprender algo máis nas súas formas. Comprender en común algo máis nas súas formas: crear confidencialidade, un código común extraordinario, isto é, a partir do imaxinario común non explícito na vida ordinaria.

Observación. Estar en relación co ordinario e o extraordinario.

Unha introdución ao teatro de obxectos. Un contacto coa poesía dos obxectos, coas realidades que ocorren no simultáneo da vida, a través da observación, o xogo con obxectos, monigotes e da (des)composición dos nosos imaxinarios.


Galicreques 2021, Últimas edicións |

Programación Galicreques 2020

Sábado 10 de Outubro 2020 13.00h Fantoches Baj. “Velocíclopes”. Praza Toural (ruada) 13.30h Sofía Ferrari. “CruCru Show”. Parque da Alameda 14.00h Moving Compass. “Os limpabotas”. Praza Praterías 17.00h Sofía Ferrari. “CruCru Show”. Praza Praterías 18.00h Moving Compass. “Os limpabotas”. Parque Vista Alegre (soportais Fundación SGAE) 19.00h Marionetas Rui Sousa. “Teatro Dom Roberto: O barbeiro / A Tourada”. Parque da Alameda Domingo 11 de Outubro 2020 12.30h Marionetas Rui Sousa. “Teatro Dom […]


Galicreques 2020, Programación Galicreques 2020 |

Premio Galicreques 2020

O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod@s @s amantes das marionetas. —– Teatro de Marionetas La Estrella, máis de 40 anos […]


Galicreques 2020, Premio Galicreques 2020 |

La fabulosa aventura de Teo y los libros (Argentina)

Un avó tenta espertar no seu neto o amor polos libros. O traveso Teo, seguindo os consellos dun estraño Mago, decide pasar a noite escondido na Librería. Que pasará cando a lúa se asome e os libros descubran ao neno traveso?


Galicreques 2020, Proxeccións na Alameda 2020 |

Los cómicos del 900 (Chile-Argentina)

Homenaxe aos cómicos do cinema mudo. Personificados por monicreques de luva, Charles Chaplin, Buster Keaton, Harold Lloys, Ben Turpin, Laurel e Hardy son algúns dos que aparecen facendo das súas nas distintas pantomimas que integran o espectáculo. “A viaxe” conta as peripecias que o Gordo e o Fraco teñen co seu vello pero querido automóbil.
“Carlitos pescador” móstranos como Chaplin arrisca a súa vida por salvar a un rapaz. En “Un día tempestuoso”, Buster Keaton é sorprendido polo mal tempo e loita contra os elementos ata perder as pernas e a cabeza; pola súa banda, Harold Lloys espera “desesperadamente” nun banco da praza a que veña a súa noiva, mentres que Ben Turpin déixase embriagar pola noite baixo un farol.


Galicreques 2020, Proxeccións na Alameda 2020 |

A Barraca camiño a Compostela (documental)

O documental “A Barraca Camiño a Compostela”, realizado por Títeres Cachirulo, recolle as diferentes etapas do proxecto homónimo, no cal se percorreron doce vilas do Camiño representando nelas a obra “Camiño de Aventuras”.


Galicreques 2020, Proxeccións na Alameda 2020 |

El mundo es un pañuelo (Ecuador)

El mundo es un pañuelo é unha obra de monicreques á vista, na que se desenvolven historias cargadas dun forte contido poético e metafórico. Os cadros presentarán mundos diversos cheos de tenrura. As historias desenvolven un espazo-tempo que permite ao espectador introducirse con facilidade, porque é el, coa súa sensibilidade, quen as completa. A maxia, a poesía e a destreza coa que os titiriteiros dan vida a cada un dos personaxes, e en diversas situacións, mostran como a sinxeleza dos panos e a nobreza da madeira son capaces de crear o seu propio universo.


Galicreques 2020, Proxeccións na Alameda 2020 |

As Xeneralas da Ulla

Dúas xeneralas e dúas correos percorren as rúas dacabalo dando vivas e facendo os seus atranques.

Atención, donas e cabaleiros, digan todos a unha voz:
Viva a xente da Ulla e toda a súa familia!
Viva!!!
Viva a xente que nos rodea e mira!
Viva!!!
Viva a música e siga!
Viva!!!


Espectáculos 2020, Galicreques 2020 |

Página 4 de 25« Primera...23456...1020...Última »