Últimas edicións
Programación, espectáculos, cursos…
Espectáculos 2014: Os tres porquiños

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todas estas interrogantes, coma todo, está nos libros e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador moi afeccionado aos contos, que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?
Espectáculos 2014: No fondo do mar (pasa rúas)

O Capitán Barba-Branca vai iniciar unha expedición para comprobar a saúde dos fondos mariños. Nas profundidades encóntrase con Manta Raia, Medusa, os dous Cabaliños de Mar, dous Peixes de Cores e unha Raspa Xigantesca e misteriosa. A expedición acaba sendo recibida pola Dama do Mar que nos conta a historia.
Espectáculos 2014: El investigatopo

Unha galiña criada nun galiñeiro comercial, axudada pola boa sorte, logra escapar da súa “prisión”. A nosa heroína ten a oportunidade de realizar o soño da súa vida: poñer un ovo en liberdade e criar o seu poliño campo a través. A historia complícase cando aparece un famento raposo que furta o prezado oviño. Velaquí onde fai a súa entrada un detective que axiliza a causa: o Investigatopo.
Espectáculos 2014: Cu-cú, Tas-tás (espectáculo para bebés)

Cu-cú, tas-tás, co revés imos xogar. Conceptos sinxelos de opostos. Espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa. Cucú Tastás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir cheo-baleiro, arriba-abaixo, preto-lonxe, pequeno-grande… E a súa familia e amigos van axudalo a aprender. Polas características da obra haberá un máximo de 25 bebés máis os seus acompañantes.
Espectáculos 2014: Astokillo

O feirante, monicrequeiro Maese Zambulón e o seu burro Rigoletto percorren pobos e cidades co seu circo de variedades.
Coa súa comedia na rúa, transitan por un país imaxinario onde a xente unha vez foi feliz e agora reina a trampa, a verdade de cartón e a explotación.
Unha fábula sobre un burro e o seu domador. Sobre a cobiza, o egoísmo, a lealdade e a xenerosidade nun mundo curtidor.
Espectáculos 2014: La danza de las marionetas

Mieke e Chris presentan un orixinal espectáculo popular de monicreques bailaríns. Son tallas de madeira, realizadas por eles mesmos, que cobran vida ao son dos variados instrumentos que tocan (gaita, frauta, tamboril, zanfona…) A rexión flamenca de Limbourg estará presente, representada por esta parella de artesáns, músicos e animadores de marionetas.
Espectáculos 2014: La soledad del cabaret de fondo

Todos nos sentimos en soidade, dunha forma ou outra, por gusto ou por obriga, como na vida mesma. Nacemos sós, morremos sós… pero ninguén nos obriga a sobrevivir sós, e moito menos a aburrirnos.
Espectáculos 2014: Circus on the strings

Espectaculares números de circo. O punto de unión é un simpático pallaso que presenta cada número mesturando a destreza da manipulación co humor e a tenrura dos personaxes.
A arte interpretativa en Rusia é unha referencia para o mundo. No teatro de bonecos posúen unha das tradicións máis relevantes, e o artista Viktor Antonov está catalogado como unha das principais figuras do seu país. Os seus bonecos, creados e manipulados cunha técnica exquisita e depurada, sorprenden pola súa vida e plasticidade.
Espectáculos 2014: La revolución en la cocina

A revolución na cociña somérxese no mundo imaxinario dos nenos, que a miúdo xogan para dar vida aos obxectos que os rodean. Unha estraña “máquina” chega para axudar nas tarefas culinarias e isto provoca unha revolta entre os “habitantes” da cociña. Así é como o xefe de cociña se encontra de súpeto nunha loita entre máquinas e “persoas”, nun mundo onde calquera obxecto acaba sendo un ser vivo. A obra propón un entretido xogo entre o soño e a realidade que involucra o neno na fantasía da historia, mentres o adulto se divirte cos recursos técnicos e o refinamento da manipulación.
Espectáculos 2014: Mozart Preposteroso

Nunha viaxe trepidante dende o nacemento ata a morte do xenio, Nola Rae pinta un retrato asombroso de Mozart “o pallaso”.
Unha mestura de monicreques, mimo e bufonada evoca unha sinfonía de personaxes e, ao final, é difícil crer que só hai un artista no escenario.
Unha actuación igualmente hilarante como profundamente conmovedora.