Últimas edicións

Programación, espectáculos, cursos…

Exposiciones 2014: Humor con los Títeres

Miguel Oyarzún naceu en Concepción de Chile o 1 de Marzo de 1955. Publica as súas ilustracións nas revistas Juancito y María, Bululú, El Fardón e deseña carteis para diferentes festivais e eventos de Arxentina e Chile. O monicrequeiro fundador da compañía El Chonchón preséntanos esta particular e divertida visión do mundo dos monicreques. elchonchon@hotmail.com […]


Exposicións 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións |

Premio Galicreques 2014

Compañía Plansjet (Bélxica) Domingo 5 de outubro– 20:30 h – Teatro Principal O Premio Galicreques concédese a unha entidade ou persoa que destaque especialmente polo seu labor na creación, formación, difusión ou defensa do teatro de monicreques ou ben a unha compañía teatral en recoñecemento pola súa traxectoria no exercicio destas artes. Este ano temos […]


Galicreques 2014, Últimas edicións |

Espectáculos 2014: Especial Julio Cortázar

O gran contista arxentino, tamén creador de marabillosas novelas como Rayuela, é sen dúbida un dos grandes mestres do xénero do conto universal. Varias das súas máis famosas historias foron coproducidas por Pinga Teatro, Ainternacional e o Galicreques. O sábado 4 todo o edificio se transformará na Casa Tomada como peche deste especial Julio Cortázar.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , , , ,

Espectáculos 2014: Por qué vive en el bosque la abuela de Caperucita

Don Cristóbal é un cabaleiro abrupto e ruín, sempre coa moca en man, que busca unha rapaza nova e guapa para despousala. Os seus desexos coinciden cos da nai de Dona Rosita, que aspira a encontrar un bo pretendente para a súa filla. Chegados a ese punto, ambos os dous acordan levar a termo os seus fins, para desdita do resto de personaxes.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , ,

Espectáculos 2014: Los músicos de Bremen

Un can cantante, unha gata bailarina, un burro poeta e un galo roqueiro formarán a banda dos músicos de Bremen. Un grupo de animais “diferentes” que loitarán por seguir séndoo. Pero non están a salvo, os porcos do saco andan soltos polo bosque…


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: HABLA, no estás sola

Ana non quere saír do seu mundo e, cuberta baixo a súa manta, non fala con ninguén. Catro amigos músicos, valéndose de contos tradicionais, intentan comunicarse con ela.
O conto barroco europeo Pel de Asno e a frescura da narrativa do conto africano Pel de mono farán que a nosa protagonista, navegando entre dúas culturas, aprenda a expresar os seus conflitos e temores.
Espectáculo multidisciplinar onde se interpretan en vivo músicas de raíces barrocas e africanas, mentres que diversas técnicas de marionetas, a danza e os efectos audiovisuais complementan a narrativa.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: La maleta de los títeres

LEÓN busca un lugar no que non vaia tanta calor como na selva na que vive. E unha nube xoguetona axudaralle a encontrar o que desexa.
FERDINANDO é un touro que ama as flores e das corridas de touros non quere nin oír falar…


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Mi amor es un colador

A caprichosa cadeliña Nina e a súa monicrequeira dispóñense a comezar a función. Pero hai un pequeno problema: deixáronse esquecido un monicreque na casa! Deciden improvisar un e así nace Toto: feito cun coador, esponxas de cociña e algúns retallos. Pero Nina rise del cando ensaian a súa escena e Toto, doído, vaise. Polo seu camiño fai novos amigos, axudándolles e mellorando as súas vidas; mentres tanto a monicrequeira e Nina, moi arrepentida, o buscan ata debaixo das pedras, pero poderán reencontrarse e empezar de novo? Unha historia chea de humor, encontros e desencontros, para pequenos e grandes, onde valoramos a amizade, a solidariedade e a aceptación do diferente.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , ,

Espectáculos 2014: Poemas visuales

Poemas Visuais comeza cun actor-músico, encarnando un poeta; leva consigo unha maleta repleta de letras de escuma e empeza a xogar cos seus sons e formas, descubrindo que a partir das letras pode crear poesía sen necesidade de construír palabras.
Coa guitarra e as cancións establece unha tenra relación coas letras que toman vida e crean un universo cheo de personaxes, coreografías, humor e accións dramáticas, onde se demostra que as letras non só serven para encher papeis e ordenadores senón que tamén poden crear un mundo sensible, de sobrecolledora sinxeleza.
As letras, manipuladas con varas sobre unha mesa, adquiren vida propia e vanse transformando a medida que avanza o espectáculo:
A E convértese nun can que xoga cun neno, que é a I. Unha Y cunha U crean unha bailarina rítmica e unha simple T, un trampolinista.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: La isla del tesoro

Os personaxes foron recollidos nas praias: elementos devoltos polo mar para contar no escenario a historia, como se fosen o tesouro que aínda queda na Illa Perdida. Estes elementos cobran vida da man do monicrequeiro, para contar a aventura de Jim Hawkins e o pirata Long John Silver. Unha das máis apaixonantes aventuras.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Página 23 de 25« Primera...10...2122232425