Últimas edicións
Programación, espectáculos, cursos…
Espectáculos 2015: El mundo de Dondo
Dende o momento en que un bebé é xerado comeza unha gran viaxe: a vida. Dondo é o protagonista e verémolo crecer nalgúns dos momentos importantes de aprendizaxe e crecemento, o amor, os medos, a irmandade. O retablo xira e vaise transformando na barriga de mamá, o cuarto do bebé, os soños. Cunha variedade ecléctica de recursos artísticos. Con moita interacción co público, gozarano dende os nenos ata os adultos.
Espectáculos 2015: La Gallina Churra
Podédesme dicir que tería que facer unha asustada galiña para esconderse de Dona Cobra? Non o sabedes? Menos mal que Ratorratón, o máis popular de todos os animais da granxa, ten unha desbordante imaxinación e unha irrefreable afección polos disfraces
Espectáculos 2015: Sapo y Sepo en abstracto
Sapo e Sepo son amigos inseparables, non saben vivir o un sen o outro. Os dous xuntos saen de paseo, coidan o xardín, buscan botóns e viven emocionantes aventuras.
Pequena homenaxe ao Museo Abstracto de Cuenca, que no ano 2016 cumpre 50 anos, con ambientación e decorados en branco e negro, seguindo o estilo de Antonio Saura.
Espectáculos 2015: Los primeros burritos
Dorian, un burro noviño que vive a vida cunha inmensa curiosidade e inocencia, pasta e corrica na súa pradaría xunto con toda a súa familia. Pep, un león que é cazado mentres durme e metido nunha gaiola de circo. Ningún dos dous imaxinou o que ía pasar. Un día chegaron os Humanos e aos Burros e ao León cambioulles a vida para sempre.
Entendernos os uns aos outros non é doado, pero podemos interpretar o mundo mirando máis alá do noso embigo.
Espectáculos 2015: Los tres cerditos
Tres irmáns que xa están en idade de deixar o fogar familiar deciden buscar a súa propia sorte. Cada porquiño ten unha personalidade e isto reflíctese na forma na que deciden construír a súa nova casa, na que se protexerán do temible lobo feroz, ou non tan feroz?
Pallasos e marionetas contarannos esta clásica fábula acompañada de música e cancións.
Espectáculos 2015: Jugo de juguetes
Un monicrequeiro na rúa xoga cos seus monicreques e a súa música, contando divertidas historias e facendo participar ao público das súas loucuras.
Festival Internacional Galicreques 2014
Do 27 de setembro ao 5 de outubro de 2014 celebramos en Santiago de Compostela a XIX edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques. Animámosvos a todos a participar! Consulta aquí o prezo das entradas. Domingo 28 de setembro gran espectáculo de apertura do Galicreques 2014: “La danza de las marionetas”. El Sábado 4 de […]
Programación 2014
Sábado 27 de Setembro 18:00h La Mar de Marionetas. “Habla, no estás sola”. Fundación SGAE Domingo 28 de Setembro 12.30h La Mar de Marionetas. “Habla, no estás sola”. Fundación SGAE 19.00h Plansjet. “La danza de las marionetas”. Teatro Principal Luns 29 de Setembro 10.30h La Mar de Marionetas. “Habla, no estás sola”. Fundación SGAE (función […]
Cursos 2014: Talla y construcción de marionetas de varilla en madera
Imparte: Chris Geris, da compañía Plansjet (Bélxica) Duración: 40 horas Datas: do 29 de setembro ao 10 de outubro (de luns a venres) Horario: de 16:00 h a 20:00 h Lugar: Asociación ITACA (r/ Pombal, 18. 15706 Santiago de Compostela) Prezo: 250 € Prezo reducido(socios de UNIMA): 150 € Número de participantes: 12 Taller sobre […]
Exposiciones 2014: Títeres de África
No continente africano, o teatro tradicional de marionetas é unha arte viva e atractiva que, coa súa gran capacidade de mobilización, se revela como garantía da unidade e da cohesión nos medios rurais, mantendo a paz e o equilibrio social. Esta práctica engloba os sistemas tradicionais de organización, a escultura, a música, as tradicións orais […]