Últimas edicións

Programación, espectáculos, cursos…

Espectáculos 2014: HABLA, no estás sola

Ana non quere saír do seu mundo e, cuberta baixo a súa manta, non fala con ninguén. Catro amigos músicos, valéndose de contos tradicionais, intentan comunicarse con ela.
O conto barroco europeo Pel de Asno e a frescura da narrativa do conto africano Pel de mono farán que a nosa protagonista, navegando entre dúas culturas, aprenda a expresar os seus conflitos e temores.
Espectáculo multidisciplinar onde se interpretan en vivo músicas de raíces barrocas e africanas, mentres que diversas técnicas de marionetas, a danza e os efectos audiovisuais complementan a narrativa.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: La maleta de los títeres

LEÓN busca un lugar no que non vaia tanta calor como na selva na que vive. E unha nube xoguetona axudaralle a encontrar o que desexa.
FERDINANDO é un touro que ama as flores e das corridas de touros non quere nin oír falar…


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Mi amor es un colador

A caprichosa cadeliña Nina e a súa monicrequeira dispóñense a comezar a función. Pero hai un pequeno problema: deixáronse esquecido un monicreque na casa! Deciden improvisar un e así nace Toto: feito cun coador, esponxas de cociña e algúns retallos. Pero Nina rise del cando ensaian a súa escena e Toto, doído, vaise. Polo seu camiño fai novos amigos, axudándolles e mellorando as súas vidas; mentres tanto a monicrequeira e Nina, moi arrepentida, o buscan ata debaixo das pedras, pero poderán reencontrarse e empezar de novo? Unha historia chea de humor, encontros e desencontros, para pequenos e grandes, onde valoramos a amizade, a solidariedade e a aceptación do diferente.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , ,

Espectáculos 2014: Poemas visuales

Poemas Visuais comeza cun actor-músico, encarnando un poeta; leva consigo unha maleta repleta de letras de escuma e empeza a xogar cos seus sons e formas, descubrindo que a partir das letras pode crear poesía sen necesidade de construír palabras.
Coa guitarra e as cancións establece unha tenra relación coas letras que toman vida e crean un universo cheo de personaxes, coreografías, humor e accións dramáticas, onde se demostra que as letras non só serven para encher papeis e ordenadores senón que tamén poden crear un mundo sensible, de sobrecolledora sinxeleza.
As letras, manipuladas con varas sobre unha mesa, adquiren vida propia e vanse transformando a medida que avanza o espectáculo:
A E convértese nun can que xoga cun neno, que é a I. Unha Y cunha U crean unha bailarina rítmica e unha simple T, un trampolinista.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: La isla del tesoro

Os personaxes foron recollidos nas praias: elementos devoltos polo mar para contar no escenario a historia, como se fosen o tesouro que aínda queda na Illa Perdida. Estes elementos cobran vida da man do monicrequeiro, para contar a aventura de Jim Hawkins e o pirata Long John Silver. Unha das máis apaixonantes aventuras.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Os tres porquiños

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todas estas interrogantes, coma todo, está nos libros e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador moi afeccionado aos contos, que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: No fondo do mar (pasa rúas)

O Capitán Barba-Branca vai iniciar unha expedición para comprobar a saúde dos fondos mariños. Nas profundidades encóntrase con Manta Raia, Medusa, os dous Cabaliños de Mar, dous Peixes de Cores e unha Raspa Xigantesca e misteriosa. A expedición acaba sendo recibida pola Dama do Mar que nos conta a historia.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: El investigatopo

Unha galiña criada nun galiñeiro comercial, axudada pola boa sorte, logra escapar da súa “prisión”. A nosa heroína ten a oportunidade de realizar o soño da súa vida: poñer un ovo en liberdade e criar o seu poliño campo a través. A historia complícase cando aparece un famento raposo que furta o prezado oviño. Velaquí onde fai a súa entrada un detective que axiliza a causa: o Investigatopo.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , , ,

Espectáculos 2014: Cu-cú, Tas-tás (espectáculo para bebés)

Eespectáculo para bebés

Cu-cú, tas-tás, co revés imos xogar. Conceptos sinxelos de opostos. Espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa. Cucú Tastás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir cheo-baleiro, arriba-abaixo, preto-lonxe, pequeno-grande… E a súa familia e amigos van axudalo a aprender. Polas características da obra haberá un máximo de 25 bebés máis os seus acompañantes.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | ,

Espectáculos 2014: Astokillo

O feirante, monicrequeiro Maese Zambulón e o seu burro Rigoletto percorren pobos e cidades co seu circo de variedades.
Coa súa comedia na rúa, transitan por un país imaxinario onde a xente unha vez foi feliz e agora reina a trampa, a verdade de cartón e a explotación.
Unha fábula sobre un burro e o seu domador. Sobre a cobiza, o egoísmo, a lealdade e a xenerosidade nun mundo curtidor.


Espectáculos 2014, Galicreques 2014, Últimas edicións | , , ,

Página 21 de 22« Primera...10...1819202122