Últimas edicións

Programación, espectáculos, cursos…

Premio Galicreques 2015

Data e hora por determinar – Teatro Principal O Premio Galicreques concédese a unha entidade, persoa ou compañía polo seu labor no mundo dos monicreques a través de proxectos que, aínda que no seu comezo puidesen parecer disparatados e efémeros, acabaron sendo soños conseguidos que nos favorecen a tod@s @s amantes das marionetas. Este ano […]


Galicreques 2015, Últimas edicións |

Exposicións 2015: Exposición Monicreques de dedo

Fundación SGAE
r/ Salvadas, 2A. Parque de Vista Alegre. 15705 Santiago de Compostela.
Setembro-Outubro 2015. Entrada gratuíta


Exposicións 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Exposicións 2015: A casa dos Galicreques

A Regadeira de Adela
r/ Tras San Fiz de Solovio, 2. Enriba do Bar Embora. Santiago de Compostela
Do mércores 30 de Setembro ao Sábado 3 de Outubro 2015
De 19:00 a 21:00 h
Entrada 2 €


Exposicións 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Cursos 2015: Anatomía Teatral

Dirixido a profesionais e estudantes de calquera disciplina escénica (actor, bailarín, músico, monicrequeiro, circense, dramaturgo, director)
Adestramento sobre as estruturas, formas e relacións das diferentes partes teatrais


Cursos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Cursos 2015: Talla e construción de marionetas de variña en madeira

Taller sobre a marioneta tradicional tallada en madeira.
Neste taller os alumnos construirán unha marioneta de variña na cabeza, de 60 cm de altura, tallada en madeira, do tipo das que se usan en Bélxica, Chequia, Eslovaquia, Portugal e antigamente tamén en España.
Chris Geris é un xenio capaz de debuxar o rostro dun pirata, un amable ancián ou o mesmo demo sobre un anaco de madeira de tileiro. Perfila as súas mans, o corpo e os pés e isto é o que cada alumno participante no curso, guiado pola man do mestre, terá conseguido: a súa propia marioneta.


Cursos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Cursos 2015: Construción de monicreques e bonecos con la feltreable (vélaro)

Fabrica o teu propio monicreque estilo bunraku coas diferentes técnicas de traballar o feltro.


Cursos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Puppet Pro

A improvisación chegou ao mundo dos monicreques, para que? preguntarédesvos. Era necesario? Pois si! Os monicreques teñen moito que dicir, infinidade de opinións propias e ideas que dificilmente un humano podería realizar.
As suxestións do público darán pé ao que lles suceda ás marionetas, as cales, por suposto, seguirán sendo elas mesmas.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: Cuentos del ciego

Como en antano, un cego chega ao lugar. Con el viaxan contos, historias, noticias… Un mundo de fantasía ou realidade, depende de como se mire.
Historias para tod@s, todas as historias.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: A bruxa Maruxa

Unha bruxa moi poderosa invadirá a nosa cidade e, con moitas artimañas, nesta permanecerá.
A auga e os tronos e tamén os raios son a súa especialidade para buscar desastres a todos os habitantes, ata que un día… todo cambiará.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Espectáculos 2015: El último cuento que me contó mi padre justo antes de salvar el mundo

Sabes por que os superheroes levan mallas de cores? Porque saben que son fantasía. Eu non levo traxe nin capa, vou con vaqueiros e chaquetas porque quero ser real, quero ser real para ti, para mamá, para min mesmo.
Ás veces temos que entender que os heroes de verdade non sempre saen voando pola ventá, ás veces tamén saen pola porta de casa.


Espectáculos 2015, Galicreques 2015, Últimas edicións |

Página 20 de 25« Primera...10...1819202122...Última »