Últimas edicións
Programación, espectáculos, cursos…
La fabulosa aventura de Teo y los libros (Argentina)

Un avó tenta espertar no seu neto o amor polos libros. O traveso Teo, seguindo os consellos dun estraño Mago, decide pasar a noite escondido na Librería. Que pasará cando a lúa se asome e os libros descubran ao neno traveso?
Los cómicos del 900 (Chile-Argentina)

Homenaxe aos cómicos do cinema mudo. Personificados por monicreques de luva, Charles Chaplin, Buster Keaton, Harold Lloys, Ben Turpin, Laurel e Hardy son algúns dos que aparecen facendo das súas nas distintas pantomimas que integran o espectáculo. “A viaxe” conta as peripecias que o Gordo e o Fraco teñen co seu vello pero querido automóbil.
“Carlitos pescador” móstranos como Chaplin arrisca a súa vida por salvar a un rapaz. En “Un día tempestuoso”, Buster Keaton é sorprendido polo mal tempo e loita contra os elementos ata perder as pernas e a cabeza; pola súa banda, Harold Lloys espera “desesperadamente” nun banco da praza a que veña a súa noiva, mentres que Ben Turpin déixase embriagar pola noite baixo un farol.
A Barraca camiño a Compostela (documental)

O documental “A Barraca Camiño a Compostela”, realizado por Títeres Cachirulo, recolle as diferentes etapas do proxecto homónimo, no cal se percorreron doce vilas do Camiño representando nelas a obra “Camiño de Aventuras”.
El mundo es un pañuelo (Ecuador)

El mundo es un pañuelo é unha obra de monicreques á vista, na que se desenvolven historias cargadas dun forte contido poético e metafórico. Os cadros presentarán mundos diversos cheos de tenrura. As historias desenvolven un espazo-tempo que permite ao espectador introducirse con facilidade, porque é el, coa súa sensibilidade, quen as completa. A maxia, a poesía e a destreza coa que os titiriteiros dan vida a cada un dos personaxes, e en diversas situacións, mostran como a sinxeleza dos panos e a nobreza da madeira son capaces de crear o seu propio universo.
As Xeneralas da Ulla

Dúas xeneralas e dúas correos percorren as rúas dacabalo dando vivas e facendo os seus atranques.
Atención, donas e cabaleiros, digan todos a unha voz:
Viva a xente da Ulla e toda a súa familia!
Viva!!!
Viva a xente que nos rodea e mira!
Viva!!!
Viva a música e siga!
Viva!!!
Circo Galaico

Xa está aquí o novo circo galego de monicreques!
Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo.
Un circo único onde a maxia e o fantástico se mesturan co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade. Con todos vostedes, e entre outros: Xaquín, o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista, Pedriño, o raposo malabarista e a incrible cabra Ribelina! Sen esquecer clásicos do circo coma o pallaso Rolín.
CruCru Show

CruCru Show é un espectáculo unipersoal rueiro baseado en acrobacias de chan e humor. Desde que ela chega a escena ata que se vai, o público goza de todo o proceso de armado e construción dun gran show. Propón un universo de xogos e imaxinación, onde cada acción da acróbata ten unha reacción na audiencia. Verticais en altura, interacción constante co público e destrezas acrobáticas destacan entre as ferramentas que CruCru utiliza.
Veoleo

Veoleo traslada a acción a unha Biblioteca; un lugar cheo de libros, palabras e letras onde se agochan todos os contos, os coñecidos e os que están por coñecer. A Biblioteca convértese en espazo escénico, onde un personaxe peculiar traslada aos espectadores a un lugar onde ver, interpretar e ler dous dos contos clásicos máis importantes da Literatura Universal. O Parrulo feo e Carapuchiña Vermella. Dous autores universais Andersen e Perrault unidos.
Unha armadura con ferruxe

Un cabaleiro quedou preso na súa armadura.Agora a súa familia non sabe cal é o seu verdadeiro aspecto. A súa esposa máis o seu fillo loitan desesperadamente por liberalo.
Función de monicreques dinámica e amena para todos cunha mensaxe moi importante sobre a igualdade de xénero.
Cantamos?

Unha nena á que lle encantan a música e máis os contos descobre, a través do artista que vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar!
Rosi e Luis convídante a xogar, cantar e descubrir un mundo de fantasía no que todo é posible.
“Un espectáculo cheo de emocións, con contos que son cancións, música para xogar, bailar, cantar e soñar.
Que? Anímaste a formar parte do seu coro?”