Últimas edicións

Programación, espectáculos, cursos…

Espectáculos 2016: Juancha y Mariacha

Mariacha e Juancha son unha parella de campesiños andinos que viven cultivando as súas terras en harmonía coa súa contorna. Certo día, a tranquilidade da parella vese perturbada. Un misterioso intruso está a roubarlles, ante o cal Juancha foxe moi asustado mentres que Mariacha fai fronte á situación.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: El gato con botas

Esta recreación para monicreques do clásico infantil de Charles Perrault amósanos un gato que asume a responsabilidade de sacar da pobreza ao seu amo. O Gato quere cumprir un soño: vivir sen cazar ratos.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: La ratita presumida

A ratiña fachendosa verase envolvida nos seus caprichos. Pretendentes e heroes do asfalto daranse cita neste gran maratón de personaxes por conseguir a ratiña. Quen gañará a carreira? Non o perdan…


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Monstruos

Pit, un neno que busca salvar á súa amiga Valentina, enfrontarase a un bruxo, un vampiro, unha caveira e ata un dragón, pero sobre todo enfrontarase aos seus propios medos, porque os monstros e os medos non son o que parecen.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: A guerra das Galicsias

Marticia, atópase en alerta. As súas augas foron contaminadas cunha estraña sustancia que provoca os máis insólitos efectos nos seus habitantes. Detrás destes sucesos atópase o malvado emperador de Omega, planeando unha invasión que só o amor e un pouco de maxia, ao seu debido tempo, poden impedir.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: As Xeneralas da Ulla (pasacalles)

Dúas xeneralas e dúas correos percorren as rúas dacabalo dando vivas e facendo os seus atranques.
Atención, donas e cabaleiros, digan todos a unha voz:
Viva a xente da Ulla e toda a súa familia!
Viva!!!
Viva a xente que nos rodea e mira!
Viva!!!
Viva a música e siga!
Viva!!!


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Bala Perdida

Bala Perdida é un pirata, unha lenda, un ser bondadoso e rosmón, un valente e un xusticeiro, un filibusteiro atlántico entre as néboas dun océano misterioso e milenario. Ao seu carón homes curtidos nos mares, entre treboadas e naufraxios, todos membros da Irmandade da Costa, e xunto deles e do seu espírito aventureiro, un tesouro que queima nas mans.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Cursos 2016: Taller de Cineamano, animación artesanal

CINEAMANO é toda imaxe manipulada manualmente, sen edición, utilizando proxectores de diapositivas e proxectada sobre pantallas tradicionais ou incidentais. O taller pretende xerar un laboratorio de experimentación audiovisual, transitando por diversas experiencias estéticas ao redor da investigación das proxeccións de imaxes, as sombras, os monicreques planos, as texturas, os obxectos translúcidos e distintos materiais susceptibles de ser animados desde un proxector de diapositivas.


Cursos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Festival Internacional Galicreques 2015

Do 26 de setembro ao 4 de outubro de 2015 celebramos en Santiago de Compostela a XX edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques. Animámosvos a todos a participar! Consulta aquí o prezo das entradas. Sábado 26 de setembro gran espectáculo de apertura do Galicreques 2014 no Teatro Principal: “Bruno Estampilla“ de Teatro de Ilusiones […]


Galicreques 2015, Últimas edicións |

Programación 2015

Sábado 26 de Setembro 2015 17.00h Teatro La Estrella. “Jugo de juguetes”. Praza Toural 18.00h Teatro de Ilusiones Animadas. “Bruno Estampilla”. Teatro Principal Domingo 27 de Setembro 2015 12.30h Teatro La Estrella. “Los tres cerditos”. Fundación SGAE 18.00h Teatro La Estrella. “Los tres cerditos”. Fundación SGAE Luns 28 de Setembro 2015 10.30h Teatro La Estrella. […]


Galicreques 2015, Últimas edicións |

Página 19 de 25« Primera...10...1718192021...Última »