Últimas edicións

Programación, espectáculos, cursos…

Espectáculos 2016: Un botón en mi cabeza

Un botón vermello asoma da cabeza de Clott e convérteo nun neno diferente. Vive tranquilo no campo, amando a natureza, pero un misterioso personaxe está demasiado interesado en que Clott quite o botón. Ofrécelle todo: unha nave espacial, un coche, diñeiro… Clott está tentado e comeza a ver no seu botón un poder insospeitado.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Lucía del espejo… testimonios de una piel…

Lucía é unha bailarina con antecedentes de violencia, o que desencadea un cadro de dependencia afectiva e Bulimia.
Así chega ao límite, decidindo contar a súa historia a través do seu corpo, da súa danza e da súa voz, co único desexo de que xurda o amencer na súa alma.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Don Quijote por la Mancha de Aragón

divertida versión de tres capítulos de Don Quixote que se sitúan en Aragón e que se centran na figura de Maese Pedro, titiriteiro inmortalizado por Cervantes.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: O bigote de Mimí

Un espectáculo baseado no libro homónimo de Manuel María.
Mimí, un gato presumido moi orgulloso do seu bigote, involucra a todo un grupo de música para contarnos como un bo día, deixándose engaiolar polo seu amigo Fiz, tivo que medirse cos ratos e a piques estivo de se converter no cazador cazado…


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Redoblante y Meñique

Coa súa carga de bonecos o titiriteiro aparece ante o público e, ao estilo dos contos medievais, conta a historia de Meñique, un neno tan pequeno que durmía na bota do seu pai e tan intelixente que derrotaba meigos, xigantes e maleficios.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Cineamano

Cineamano toma a forza do cinema para expoñer en gran formato secuencias de imaxes e debuxos que van creando unha narrativa visual efémera. A súa execución en vivo permite contemplar o proceso creativo, narrando historias urbanas, rueiras, que se potencian co trazo expresionista, graffiteiro.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Contos para pasalo de medo

Presentámosvos os “Contos para pasalo de medo”. Cinco historias de terror con amor e humor, narración oral, monicreques e elementos visuais. Contos que axudan a vencer os medos, pensados para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Serenatas embichadas

Pícolo e Margarita elixiron por oficio ser serenateros. Cantan historias que se entrecruzan co amor, a liberdade, os soños e coa esperanza de… que acaben todos os problemas, xogando á rolda de pan e canela. Unha posta que integra o teatro e a música a través de dous personaxes que co humor e o disparate convidan á familia para compartir un novo encontro.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Los sueños de Trucas

Unha avoa conta a historia dun pintor que viviu na súa casa cando ela era nova: Trucas, un artista plástico rueiro, que protagonizou unha loita entre os seus ideais e os seus medos. A posibilidade ou non de poder realizar a súa vocación, a súa obra, a súa arte.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Telón de cielo

“Telón de Cielo” está baseado en pantomimas e historias sen palabras do autor e titiriteiro Guaira Castilla. O tamén titiriteiro Víctor Biau pon en escena esta poética obra, que recupera a maxia dos bonecos de trapo. Historias de flores, de nenas, de malos, de bos, de durmidos, de soñadores.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Página 18 de 25« Primera...10...1617181920...Última »