Últimas edicións

Programación, espectáculos, cursos…

Espectáculos 2017: As aventuras de Gale

Gale conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e descubrir o mundo. Unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: O agasallo de Anya

Anya e Xiana son dúas nenas que viven separadas por catro mil km, pero unidas por todo o demais: sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade…
Neste espectáculo, as dúas protagonistas descubrirannos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.
Unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que representamos con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Güe-güe

Nesta noite de lúa chea imos descubrir que é un güe-güe, e para iso temos que atopar algo pequeno que estea a durmir.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Presentación Galicreques 2016

Do 24 de setembro ao 2 de outubro de 2016 celebramos en Santiago de Compostela a XXI edición do Festival Internacional Galicreques. Animámosvos a todos a participar! Consulta aquí o prezo das entradas.


Galicreques 2016, Últimas edicións |

Programación Galicreques 2016

Sábado 24 de Septiembre 2016 13.00h Pasacalles. Títeres Cachirulo. “As Xeneralas da Ulla”. Praza Toural 18.00h Tárbol Teatro de Títeres. “Juancha y Mariacha”. Teatro Principal Domingo 25 de Septiembre 2016 12.30h Luis Vallecillo. “O bigote de Mimí”. Fundación SGAE 13.00h-13.15h-13.30h Pasacalles. Títeres Cachirulo. “As Xeneralas da Ulla”. Praza Praterías; Praza Toural; Paseo central Alameda 18.00h […]


Galicreques 2016, Programación 2016, Últimas edicións |

Premio Galicreques 2016

Domingo 2 octubre – 20:00h – Teatro Principal El Premio Galicreques se concede a una entidad, persona o compañía por su labor en el mundo de los títeres a través de proyectos que, aunque en su comienzo pudieran parecer descabellados y efímeros, acabaron siendo sueños conseguidos que nos favorecen a tod@s l@s amantes de las […]


Galicreques 2016, Premio Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Brancaneves e os 7

Nome da compañía: Larei Lará Idades recomendadas: a partir de 3 anos Duración: 50 minutos Técnica: marionetas de mesa e actor Idioma: galego Sinopse Recreación da historia de Brancaneves con teatro, música en directo e marionetas de mesa talladas en madeira. A historia desenvólvese ao redor dunha gran lareira na que un vello rei lembra […]


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Los cuentos de otro

Pancho é un neno que ama ler. Un día recibe unha visita inusitada: Pepino, unha criatura verde que se aparece no seu cuarto despois de saír do libro que está a ler. A partir dese momento, Pancho buscará un novo conto para Pepino. Atopará ao fin Pepino o seu propio conto?


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: The Puppet Circus

Con vostedes, o exótico Fakir da India: Ravi Ghiringh; Karina Kurisha, que nos demostrará a súa habilidade para o bel canto e a súa capacidade transformista; o Fada Betelgeuse; The Boston Sisters, as dúas belezas xemelgas americanas que nos farán gozar cos seus belos exercicios sobre o trapecio e o arame; a inquietante flor carnívora Gastrum Silvis; o cachorro adestrado Pincho e a terrible bailarina voadora Mantis Relixiosa. E como artista invitado, o funambulista Frango. Todo iso presentado polo noso incomparable director de Pista Mario Net.


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Espectáculos 2016: Os soños na gaiola

Manuel María quere que o titiriteiro represente os poemas que el escribiu para divertir aos nenos e nenas galegos.
Alicia vivirá unha serie de fantásticas aventuras por un mundo que lle resulta exótico, estraño e mesmo incomprensible. Alicia vai ter que descifrar as pistas para saber que diantres é Galicia e onde está agochada…


Espectáculos 2016, Galicreques 2016, Últimas edicións |

Página 17 de 25« Primera...10...1516171819...Última »