Últimas edicións

Programación, espectáculos, cursos…

Espectáculos 2017: Bala Perdida

Bala Perdida é un pirata, unha lenda, un corsario da vida, un ser bondadoso e rosmón, un valente e un xusticeiro, un Robin Hood, un John Silver, un capitán Kidd, un filibusteiro atlántico que non habita na illa da Tartaruga senón entre as néboas dun océano ignoto, misterioso e milenario. Ao seu carón, a súa mariñeiría: homes curtidos nos mares, entre treboadas e naufraxios, todos membros da Irmandade da Costa, e xunto deles e do seu espírito aventureiro, un tesouro que queima nas mans.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Vuela pluma

“Vuela Pluma” cóntanos a historia dun paxaro que vivía “feliz” na súa gaiola, ata que un día tivo un soño… a gaiola abriuse e a ilusión por fin moveu as súas ás…
“Vuela Pluma” é un conto sobre a liberdade e o respecto á verdadeira natureza dos seres vivos. Dámoslle ao noso paxaro protagonista a posibilidade de vivir o seu soño e aos espectadores a oportunidade de acompañalo no seu voo.
Ás veces, as persoas somos capaces de encerrar o que amamos nunha gaiola, para que non se escape e quede ao noso lado.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: O dia em que a morte sambou / A Señora Rosa e a morte

O ancián vivía só, nunha casiña de adobe, do outro lado do río Tracunhaém. O que pode soar tráxico para moitos, para el non é motivo de queixume, xa que ten a música, a danza e, sobre todo, unha conciencia aguda da súa profunda conexión co universo. Inspirada pola vivencia cos rapaces de Maracatu Rural e Cabalo Mariño (Brasil), a obra busca reconstruír as concepcións negativas contemporáneas da vellez e da morte, e compartir un pouco da sabedoría que os autores atoparon na cultura popular da Zona da Mata de Pernambuco. Máis que nada, o espectáculo é unha celebración da vida e da morte, como parte esencial e indisociable dela.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Un botón en mi cabeza

Un botón vermello asoma da cabeza de Clott, que o fai obxecto de intrigas, desexos e convérteo nun neno diferente. Co seu avó e a súa irmá viven tranquilos no campo, coidando e amando a natureza, pero de súpeto vense obrigados a trasladarse á cidade. Un misterioso personaxe está demasiado interesado no botón de Clott. Ofrécelle de todo a cambio: diñeiro, un coche último modelo e ata unha nave espacial para chegar a outros mundos. Clott comezará a ver no seu botón un poder insospeitado.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Viento

Dous personaxes nostálxicos descóbrense nunha estación de tren. Namóranse nun mundo sen cabeza.
Tenrura e humor nun universo absurdo.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Recreo

Esta é a historia dunha filla aventureira e un pai preocupado.
Desde hai un tempo a pequena Telma chega da escola famenta. Por que? Que pasará nese recreo?
Para pescudar que lle sucede a Telma non vale facer preguntas, tes que ser explorador de selvas, saber falar con elefantes, ser un bo pirata, un excelente nadador… e facer o que sexa necesario para atopar o tesouro.
Unha homenaxe á amizade e a solidariedade que nace no patio do recreo.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Pipa, el títere maravilla

Pipa non quere unha vida tranquila e apracible, quere xogar, divertirse, namorarse, vivir a vida… Pero atoparase cun mundo cheo de personaxes sorprendentes: o señorito Toful e o seu pau-selfie, a señorita Nina e o seu xeado, o señor banqueiro e a súa máquina, e ata cun crocodilo moi famento e as súas burbullas. Unha aloucada, a miúdo surrealista e tenra comedia de monicreques.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Circo Galaico

Nunha fraga, dous trasgos presentan o circo máis insólito… O único do mundo onde os artistas viven en liberdade. O Circo Galaico xa está aquí!
Os números clásicos de circo reinterpretados polos animais da fauna galega. Un raposo malabarista; Xaquín, o xabarín máis forzudo da comarca; Rivelina, a cabuxa máis tola do país… e moitos máis!


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Cincenta

O zapateiro real recibe todos os días calzado das persoas máis importantes do reino. Un día chegará ás súas mans un pequeno zapato de cristal cunha fantástica historia; trátase do fermoso zapato da moza Cincenta.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Espectáculos 2017: Contos para pasalo de medo

Cinco historias de terror con amor e humor, narración oral, monicreques e elementos visuais. Contos que axudan a vencer os medos, pensados para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos.


Espectáculos 2017, Galicreques 2017, Últimas edicións |

Página 16 de 25« Primera...10...1415161718...Última »