Últimas edicións
Programación, espectáculos, cursos…
Espectáculos 2018: Benedito no pilao

Benedito vai pedir traballo na facenda do Coronel Libório, que o manda a traballar no pilón de millo. Desbocado e irreverente, Benedito vai ter que afrontar moito traballo ademais do mal carácter do seu patrón. Este espectáculo é unha homenaxe ao Mamulengo, teatro de monicreques popular de Brasil, que divirte e envolve ao público.
Espectáculos 2018: Los tres cabellos de oro de Don Gruñón

O rei quéreo todo e desexa os tres cabelos de ouro de don Gruñón. A meta parece imposible, pero Nicolino aventúrase polo amor que lle profesa a María, a filla do rei. No percorrido cara tan perigoso obxectivo, os nenos do público xogarán un importante rol coas súas oportunas intervencións.
Espectáculos 2018: Dragonada

Un dragón cuspelumes e un dragón cuspeauga, acompañados dun grupo de músicos trogloditas, asolan as rúas provocando medo e pánico.
Espectáculos 2018: Toque de caixa

Inspirado nos tocadores de pianola, nos multi-instrumentistas e músicos que conducen a harmonía dos sons polos catro costados do mundo. É un espectáculo itinerante, onde as marionetas humanas transportan unha máxica caixa de música. Chegou a hora, o espectáculo vai empezar! Flora e o mestre Ananías prometen non desafinar?! “Eu podo, conseguireino, só teño que crer!”
Espectáculos 2018: Títeres de Cachiporra

Os monicreques de cachaporra son un clásico do teatro que ten as súas claves na participación e o diálogo co público, no ritmo frenético dos seus bonecos e no efecto catártico da cachaporra. Un dos personaxes máis soados deste espectáculo é Pelegrín, que creceu coa complicidade de varias xeracións de nenos.
Espectáculos 2018: Un secreto increíble

Como todas as mañás, Amets e Colmillo emprenden o camiño ao cole. Pero un día ocorre algo estraño: un eclipse, unha mochila que cobra vida e un neno con súper poderes que fará o que sexa para rescatar ao seu amigo can das fauces dun monstro. Con este segredo incrible, Súper Amets vivirá unha marabillosa aventura xunto ao inseparable Colmillo.
Espectáculos 2018: As Xeneralas da Ulla

Dúas xeneralas e dúas correos percorren as rúas dacabalo dando vivas e facendo os seus atranques.
Atención, donas e cabaleiros, digan todos a unha voz:
Viva a xente de Santiago e toda a súa familia!
Viva!!!
Viva a xente que nos rodea e mira!
Viva!!!
Viva a música e siga!
Viva!!!
Espectáculos 2018: Réquiem por un monicreque

A un teatro á italiana vai chegando o público, que toma asento nos seus palcos. Sona o timbre e comeza o V acto da ópera “Romeo e Xulieta” de Gounod. Ao remate, unha voz radiofónica anuncia que se representará un crime que sucedeu na Scala de Milán nunha función desta ópera. A partir deste momento, todo un xogo de intrigas, de vaidades e diferencia de clases aparece ante o espectador. O traballo escénico amosa a dobre visión dunha mesma escena: dunha banda dende o punto de vista do público e, doutra, do que realmente ocorre entre caixas, no escenario.
Espectáculos 2018: Home

“Home” é unha obra de monicreque bunraku e máscara que nos traslada o drama de Alón, un pensionista pobre e solitario ao que queren botar do seu pequeno piso de toda a vida. Baseada nun caso verídico, expón un conflito que se dá a diario en calquera gran cidade do mundo. “Home”, acción silenciosa, dálle voz a quen carece de forza para facerse oír. É unha viaxe máxica e surrealista pola vida de quen o perdeu case todo. Esta comedia dramática (ou drama cómico) propón unha reflexión crítica sobre o Estado do Benestar e o problema da xentrificación. “Home”, silencioso berro de protesta contra o desafiuzamento dos máis débiles en aras das implacables leis do Mercado, é unha metáfora poética e visual sobre o ser que desde arriba dirixe os movementos das nosas vidas.
Espectáculos 2018: DerreTimos

A pallasa Hula recibe unha carta –antiga modalidade de comunicación– na que o monicreque Piollo convídaa a participar nunha aventura que podería convertelos en heroes. O único que han de facer é salvar o planeta Terra dun inimigo infinitamente máis poderoso que eles: o Quecemento Global. Pero quizais é unha tarefa demasiado grande para só dous heroes. Quizais necesitarán o pequeno esforzo cotián de numerosos heroes anónimos…