EN CARTEL



A GUERRA DAS GALICSIAS


A PEDRA
QUE ARDE



CATRO CONTOS
DA CHINA


"COUSAS" DE CASTELAO


EL-REI ARTUR E A
ABOMINABLE DAMA


PINOCHO


SANTIAGO, HISTORIA
DUNHA VIAXE




 EXPOSICIÓN "OS LIBROS MÁXICOS"

 

de Carmen Domech


 

Carmen Domech preséntanos nesta exposición arredor de cincuenta libros transformados nalgo máis que historias escritas.

 

Esta transformación pasa por convertir o libro nun obxecto plástico que é por si só evocador da súa historia e doutras, gracias ás imaxes que debuxan.

A presente mostra, e gran parte das obras que a compoñen, é o resultado dun extenso traballo de animación á lectura que a súa creadora leva desenvolvendo dende o ano 86, a través de diferentes programas e proxectos.

 

Moitas das pezas que aquí se recollen foron elaboradas ó longo de anos de adicación á narración oral para nenos concebido coa intención dun achegamento ó obxecto do libro baixo unha mirada máis aberta, animada e imaxinativa.

 

A viaxe a través desta obra intenta abrir unha porta ó fértil terreo da imaxinación.

 

 Anímar a todos os visitantes a que inventen as súas aventuras arredor destes máxicos libros e a que creen os seus propios.

 

Tanto á hora de crear e contar historias como á hora de plasmalas, a través das artes plásticas, sobre obxectos diversos.

 

Deste xeito, poden ser as historias as que provoquen a metamorfose do libro ou o libro animado o que evoque unha historia, unha anécdota, unha aventura....